Como federarse

Sodes unha ANPA e precisades colaboración e apoio? Queredes federarvos?

Para integrarse na Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte, debedes enviar a administracion@fedanpas.org os seguintes documentos:

– Certificado da secretaria/o da ANPA, co visto e prace da presidenta/e no que se reflicte o acordo asembleario de integrarse na Federación Provincial de ANPAS da Coruña – Costa da Morte.

– Copia do CIF da asociación.

– Copia dos Estatutos da ANPA no que apareza o número asignado do Rexistro Provincial de Asociacións.

– Relación completa da Xunta Directiva e cargos que desempeñan nela.

– Teléfono e correo electrónico de contacto