Voluntariado

Clica na seguinte ligazón para a

Inscrición como Voluntaria/o no II camiño Costa da Morte SenLímites 

ESTATUTO INTERNO DO  VOLUNTARIADO (BORRADOR)

O ESTATUTO INTERNO DO VOLUNTARIADO É O INSTRUMENTO QUE REGULA A PARTICIPACIÓN DO VOLUNTARIADO NO SEO DA FEDERACIÓN E DAS SÚAS ACTIVIDADES COMO ORGANIZACIÓN.

RECOLLE OS PRINCIPIOS QUE SUSTENTAN O MODO DE PARTICIPAR E ESTABLECE AS SÚAS NORMAS.

  1. FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DA CORUÑA – COSTA DA MORTE

A LEI 17/1998 ( artigo 8, punto 4) ESTABLECE COMO OBRIGA  DAS ASOCIACIÓNS CON VOLUNTARIADO:

” ELABORAR UN ESTATUTO INTERNO DO VOLUNTARIADO NAS ORGANIZACIÓNS, NO  QUE COMO MÍNIMO SE ESTABLECERÁN OS CRITERIOS DE ADMISIÓN E EXCLUSIÓN DOS VOLUNTARIOS E OS SEUS  DEREITOS E DEBERES”

A FEDERACIÓN DE ANPAS DA CORUÑA – COSTA DA MORTE TEN, ENTRE OS SEUS OBXECTIVOS  A INCLUSIÓN EDUCATIVA E, CONSECUENTEMENTE EN TODOS OS ÁMBITOS DA VIDA.  POR ISO PARTICIPA NO CAMIÑO DOS FAROS SENLÍMITES.

  1. TENDO EN CONTA O ANTERIORMENTE SINALADO, A PERSOA VOLUNTARIA:

DEBE PARTICIPAR LIBRE E AUTÓNOMA, INDEPENDENTE DOS PODERES PÚBLICOS E DE INTERESES ECONÓMICOS.

DEBE SER ORGANIZADA MEDIANTE UN TRABALLO EN EQUIPO E PLANIFICADO.

DEBE SER DESINTERESADA, GRATUITA E COMPLEMENTARIA, NON PODENDO SUBSTITUÍR A ACCIÓNS DE INSTITUCIÓNS PÚBLICAS OU SERVIZOS PROFESIONAIS REMUNERADOS.

EN CONSECUENCIA, CONSIDÉRASE VOLUNTARIA A TODA PERSOA QUE LIBREMENTE DECIDE DEDICAR  GRATUITAMENTE O SEU TEMPO A PARTICIPAR SOLIDARIAMENTE NAS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO.

  1. ACHEGA DA / DO VOLUNTARIA/O

POSIBILITA A REALIZACIÓN DE EVENTOS COMO EDICIÓNS ORGANIZADAS, DESEMPEÑO DE LABORES CONCRETOS, DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES,…

APORTA IDEAS E CONTIDOS.

CONTRIBÚE AO RECOÑECEMENTO E PRESTIXIO DAS ASOCIACIÓNS PARTICIPANTES

ESTABLECE COHERENCIA COMO ENTIDADE ORGANIZATIVA.

  1. ACHEGA DA FEDERACIÓN

A ASOCIACIÓN CORRESPONDE AO VOLUNTARIADO CON ESPAZOS DE PARTICIPACIÓN INDIVIDUAL E COLECTIVA.

DOTARÁ DE FERRAMENTAS PARA O EXERCICIO DA SÚA RESPONSIBILIDADE.

RECOÑECERÁ A SÚA LABOR, INFORMARÁ E FORMARÁ ATENDENDO Á TIPOLOXÍA DO TRABALLO ASIGNADO.

  1. DEREITOS DA/O VOLUNTARIA/O

PARTICIPAR ACTIVAMENTE NA ORGANIZACIÓN DE EVENTOS, RECIBINDO A DEBIDA INFORMACIÓN, EN ESPECIAL SOBRE OS SEUS FINS, ESTRUTURA E FUNCIONAMENTO.

COLABORAR NO DESEÑO E EXECUCIÓN DO PROXECTO. DAR A SÚA OPINIÓN SOBRE ASPECTOS DA ORGANIZACIÓN QUE LLE AFECTEN.

RECIBIR A COBERTURA DUN SEGURO POR DANOS E PREXUÍZOS A TERCEIROS.

RECIBIR, NO POSIBLE, APOIO TÉCNICO, HUMANO E FORMATIVO QUE REQUIRA A ACTIVIDADE QUE DESEMPEÑE.

RECIBIR ORIENTACIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES PARA AS QUE REÚNA AS MELLORES CONDICIÓNS.

OBTER O RESPECTO E RECOÑECEMENTO Á SÚA CONTRIBUCIÓN.

CESAR LIBREMENTE, PREVIO AVISO, NA SÚA CONDICIÓN DE VOLUNTARIO.

PARA REMATAR, TEÑEN TODOS OS DEREITOS RECOLLEITOS NA LEI 17/1998 E DO RESTO DO

ORDENAMIENTO XURÍDICO QUE FAGA REFERENCIA AO VOLUNTARIADO.

  1. OBRIGA DA/O VOLUNTARIA/O

APOIAR ACTIVAMENTE, NA MEDIDA DAS SÚAS POSIBILIDADES, Á ORGANIZACIÓN.

ACTUAR DILIXENTEMENTE NA EXECUCIÓN DAS TAREFAS ENCOMENDADAS E SEGUIR AS

INSTRUCIÓNS QUE SE LLE IMPARTAN POLOS RESPONSABLES DA ORGANIZACIÓN.

PARTICIPAR EN ACTIVIDADES FORMATIVAS PREVISTAS POLA FEDERACIÓN PARA GARANTIR OS

AS FUNCIÓNS QUE REALIZA.

GARDAR CONFIDENCIALIDADE DA INFORMACIÓN RECIBIDA NO DESENVOLVEMENTO DA SÚA ACTIVIDADE.

UTILIZAR ADECUADAMENTE A ACREDITACIÓN OU DISTINTIVO DA FEDERACIÓN

COIDAR OS RECURSOS MATERIAIS QUE SE POÑAN Á SÚA  DISPOSICIÓN.

OBSERVAR AS MEDIDAS DE SEGURIDADE E HIXIENE QUE SE ADOPTEN.

EN XERAL, OBSERVAR Os PRINCIPIOS RECOLLEITOS NO ARTIGO 4 DA LEI 17/1998.

  1. PERFIL E FUNCIÓNS DO VOLUNTARIADO

TODOS AS/OS  VOLUNTARIOS PODEN COLABORAR DE MOITAS FORMAS E SEMPRE DE MUTUO ACORDO, SUMÁNDOSE A UN PROXECTO XERAL COMPARTIDO E PARTICIPANDO, NA MEDIDA DAS SÚAS CAPACIDADES, FORMACIÓN, E INTERESES, NOS OBXECTIVOS  DA FEDERACIÓN

  1. CRITERIOS DE ADMISIÓN E EXCLUSIÓN

A ASEMBLEA XERAL DA FEDERACIÓN DEFINIRÁ OS CRITERIOS DE ADMISIÓN E FUNCIÓNS ATENDENDO ÁS LABORES NECESARIAS DE CADA ACTIVIDADE PROGRAMADA.

COMO MOTIVO DE EXCLUSIÓN SERÁ NON CUMPRIR COAS OBRIGAS REFLECTIDAS NESTE DOCUMENTO. ESTA DECISIÓN SERÁ TOMADA POLA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN E COMUNICADA Á ASEMBLEA XERAL POSTERIOR E PERSOA  AFECTADA

  1. ACORDO DE COLABORACIÓN

O ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE AS /OS VOLUNTARIOS E A FEDERACIÓN REGULARÁ AS

CONDICIÓNS, FUNCIÓNS E OBRIGAS DAS PARTES. DEBERÁ DEFINIR A ACTIVIDADE OU EVENTO A DESENVOLVER.