Quen somos

As ANPAs das comarcas de Bergantiños, Soneira, Xallas, Fisterra, Betanzos e localidades da comarca da Coruña demos o paso para constituírnos en federación provincial de ANPAs de centros públicos da Coruña – Costa da Morte. Dese xeito quixemos fortalecer este movemento asociativo, co obxectivo de que a educación que deba recibir o alumnado non perda calidade e para que o conxunto da cidadanía, que está a sufrir a crise, non se vexa privada dos seus dereitos.

Xa pasou certo tempo, naquela reunión celebrada o 12 decembro de 2012, onde asinamos uns estatutos consensuados dos que nos dotamos e constituímos a comisión xestora. Tempo despois, entregamos formalmente toda a documentación na administración para inscribirnos como federación. O 22 de febreiro rematamos o proceso de constitución da federación de ANPAs.

Representación

A Xunta Directiva, como órgano de goberno,  reunirase cada mes do curso escolar. A convocatoria da mesma contemplará tamén ao conxunto das ANPAs adheridas á federación. Estará validamente constituída cando asista a metade máis un dos seus membros en primeira convocatoria e no prazo de media hora, calquera que sexa o número de asistentes.

As persoas que compoñen actualmente a Xunta Directiva son as seguintes:

·         Xosé Antón de la Fuente Subiela (presidente da federación)

·         Montserrat Canosa Vigo (vicepresidenta e coordinadora de  ANPAs de zona)

·         José Bustelo Tarrío (tesoureiro, representante na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público)

·         Fernando Gesto Montes (secretario, área de seguros)

·         María Isolina Loureiro Tasende (vocal de CEM)

·         Juan Antonio Villar López (vocal Soneira)

·         Susana Álvarez Mato (vocal NEAE)

·         Dolores Rama Vázquez (vocal representante na confederación ANPAS GALEGAS)

·         María Del Carmen Cacheiro Lado (vocal representante na confederación ANPAS GALEGAS)

·         Gustavo Zuin Fantini ( vocal área audiovisual

·         Susana Torres Lista (vocal coordinadora áreas de secretaría e tesoureiría)

Para saber máis podes contactar con nós a través de correo@fedanpas.org ou no teléfono 679457105

Na defensa do Ensino Público loitamos polo futuro das fillas e fillos do noso País!