Que é o inclusivo Camiño SenLímites

Que é o inclusivo camiño Costa da Morte SenLímites?

E unha senda inclusiva que percorrer parte do máxico camino que une, pola beira do mar, a Costa da Morte, organizada pola Federación Provincial de ANPAS da Coruña-Costa da Morte, en colaboración coa Asociación Deportiva e Cultural Rompendo Límites. Agardamos que no futuro se sumen máis entidades á organización, posto que este é un proxecto colectivo aberto que queremos que siga medrando.

Este camiño ofrece a posibilidade de gozar do contacto coa natureza ao descubrir algunhas das paisaxes máis fermosas da nosa costa. Cada etapa do camiño abranguerá entre 5 e 11 kms.

Nestes roteiros partillamos experiencias en igualdade, as cales constitúen un motivo de existencia deste camiño inclusivo. Porque este  inclusivo Camino SenLímites dinos que nunca debemos perder o dereito a incluír, a compartir, ao recoñecemento da diversidade, xa que, senón, perderemos o dereito a sermos libres.

Nas edicións do inclusivo Camino SenLímites (si, SenLímites porque…, para que os imos poñer?) temos a ocasión de desfrutar do tempo ao aire libre coñecendo algúns dos lugares de maior riqueza natural e inaccesibles, até o de agora, para a diversidade das persoas que participemos.