Iniciamos os contactos cos representantes políticos do noso pobo. De que imos falar?

ANPAs da Costa da Morte

Como acordamos na última asemblea da federación,  as ANPAs da Costa da Morte imos manter  conversas coas organización políticas con representación na Costa da Morte e Xallas. Os partidos políticos serán os encargados de poñer as datas das reunións.

Actualmente temos contactado con BNG, PSOE, PP, ANOVA – IU – Mareas e Terra Galega. Como non temos, nestes intres, teléfonos doutras organización de ámbito comarcal, era conveniente conseguilos  para evitar discriminacións non pretendidas. O luns 20 de xullo comezarán os devanditos encontros. A primeira cita é co BNG.

Os asuntos a tratar serán os seguintes: Sigue lendo

A federación de ANPAs da Costa da Morte presentou aos centros educativos o PROGRAMA DE PATIOS

 

Xogos cooperativos

Xogos cooperativos

 

Trátase de lograr que o alumnado con dificultades para a relación social consiga habilidades básicas para o achegamento aos seus iguais, que sexan receptivos a propostas de xogo dos seus compañeiros, que poidan mesmo tomar a iniciativa e propor eles mesmos os xogos, que aprendan a enfrontar e resolver conflitos, … Pero un programa de xogos de patio non só beneficia ao alumnado con dificultades para a relación social. Estes programas fomentan a convivencia escolar no centro porque son un mecanismo de prevención da conflitividade e o acoso escolar e inculcan entre os estudantes valores como o respecto á diversidade, a igualdade, a non discriminación, e promoven a resolución pacífica de conflitos. Obxectivos dos programas de patio:

  • Desenvolver habilidades de interacción e participación en diferentes xogos de grupo.
  • Promover a diversión nos momentos de patio xunto cos seus compañeiros.
  • Favorecer a actividade funcional do alumno, xa que a inactividade tende a asociarse co incremento das alteracións de conduta e do illamento:
    • Evitar o autoillamento e os xogos en solitario
    • Evitar os estereotipos e os sitios fixos de permanencia no patio
  • Apoiar o proceso de adaptación aos cambios que trae o paso de etapa de educación infantil a primaria.
  • Fomentar a convivencia escolar no centro.
  • Previr o sedentarismo.
  • Evitar que o fútbol monopolice os patios.