Continuamos a rolda de entrevistas cos partidos políticos da Costa da Morte e comarca de Xallas.

????????????????????????????????????

Este martes 28 de xullo continuamos con ANOVA a rolda de entrevistas cos partidos políticos con representación na Costa da Morte e na comarca de Xallas.

Como é habitual nestas reunións, presentámonos e contamos quen somos, que realmente levamos xa  dous anos traballando a prol do Ensino Público Galego no noso ámbito de actuación e que agora só tomamos un tamaño máis grande, e explicamos cales son os nosos sinais de identidade. Como na anterior entrevista, falamos do concepto de educación, de integración, de igualdade, do imprescindible trato diferenciado que precisa o alumnado para que o resultado final sexa un trato equitativo,… E resumo, fixemos fincapé nos catro puntos básicos do noso concepto de Ensino: público, galego, equitativo e laico.

Houbo, por parte do noso interlocutor, unha boa recepción das nosas propostas.

O goberno do Partido Popular na Xunta segue coa campaña de recortes

As tesoiras do PP contra o ensino galego

 

 

 

 

 

 

Publica CIG Ensino (o sindicato maioritario no sistema educativo galego) na súa web  que a  consellería de Educación continúa recortando profesorado e negándose a cubrir as demandas feitas polos centros escolares. Diso xa tratamos nas ANPAs da Costa da Morte, eran rumores cara o vindeiro curso escolar pero, agora, xa se fala publicamente. Afirma a CIG Ensino que a Xunta pretende recortar o xa insuficiente número de docentes, nomeadamente o profesorado de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL), o que vai repercutir negatvamente na educación das nosas fillas e fillos. A familias non podemos aceptar estes recortes, nen antes, nen agora, nen nunca.

Podes acceder a máis datos clicando aquí

A emotiva xornada do 28 de febreiro das ANPAs da Costa da Morte

 

ANPAs da Costa da Morte

 

Moitas grazas a todos por acompañarnos na emotiva xornada deste sábado 28 de febreiro. Houbo de todo: unha primeira parte de formación e unha segunda que encheu de emoción a flor de pel o Pazo de Cultura de Carballo.

Imaxes da xornada de formación e entrega de premios ANPAs da Costa da Morte (Rosalía e Werto)

A primeira dedicada á xestión das ANPAs que tivo os seguintes apartados:

Sigue lendo

Intercambios educativos na Costa da Morte

Intercambio Cee

 

Comezou a etapa da realización de programas de  intercambios na Costa da Morte. Hoxe, a ANPA do IES Agra de Raíces de Cee enviounos información do  intercambio escolar do seu centro, que atinxe tanto ao alumnado, como ás familias e ao profesorado.

Estes intercambios  xogan un papel importante, non só na axuda da aprendizaxe de linguas estranxeiras, senón tamén na posible posta en marcha de proxectos educativos conxuntos. Correspóndelle tanto a alumnos como a docentes e permítelles implicarse nun proxecto interdisciplinar unindo a toda a comunidade educativa.

Onte foi a recepción no centro educativo e hoxe tiveron o recibimento no concello.

Podes clicar aquí  para acceder á imaxes.

Os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2015 persisten no desmantelamento do ensino público e na desigualdade de oportunidades

 

Rolda de prensa

 

 

 

 

 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou hoxe, martes 13 de xaneiro, en rolda de prensa que os orzamentos da Consellaría de Educación para o 2015 no canto de mitigar as desigualdades sociais, acrecéntaas, porque non recollen os investimentos necesarios para garantir a igualdade de oportunidades e o dereito á educación. Na rolda de prensa participaron en representación da PGDEP Fernando Lacaci, Anxo Louzao, Cosme Pombo,  Sonia García e Alberto Oubiña. Sigue lendo