Día do Ensino: a difícil tarefa de participar na Educación

día do Ensino

Falabamos hoxe , 30 de outubro, coas compañeiras e compañeiros de ANPAs GALEGAS sobre o día do Ensino. Ademais, o conselleiro de Educación lémbranos que é unha xornada no que toda a sociedade bota unha ollada ao seu redor, revisa e renova o compromiso coa instrución e coa formación; pero realmente só é unha xornada non lectiva, onde ninguén olla para ningures porque as canles de revisión e renovación están pechadas, como os colexios nun día como hoxe, no que por ser a súa festa deberían estar abertos a toda a comunidade educativa para utilizalos como lugar de reflexión, debate e traballo sobre o ensino que queremos, e sobre o ensino que estamos facendo. Sigue lendo

Convocada Asemblea das ANPAs “Costa da Morte” para tratar varios asuntos

DSC_0040

 

LUGAR: PAZO DA CULTURA DE CARBALLO

DIA: 24 de setembro (xoves)

HORA: 19:30h.

Queda convocada  Asemblea das ANPAs “Costa da Morte” para tratar os seguintes puntos da orde do día: Sigue lendo

Comeza un novo curso e a consellaría de Educación activa os recortes no Ensino Público

 

Un claro NON aos recortes educativos na Costa da Morte

 

Xa dou os primeiros pasos un novo curso escolar en infantil e primaria e  en nada arrinca en secundaria e bacharelato; coma ven sendo cotián nos últimos anos, o principal problema deste comezo de curso é a insuficiente dotación de profesorado que provoca desatención para as necesidades especiais e que impide ese punto de atención suplementaria que faría que moitos dos nosos alumnos e alumnas se incorporasen con normalidade ao ritmo dos seus compañeiros e compañeiras, no canto de ser  encamiñados cara o fracaso escolar.

Comezamos si, pero doídos porque a consellaría de Educación deixa moias situacións sen arranxar, algo  que nos preocupa enormemente, sendo a consellería suficientemente coñecedora delas. Sigue lendo

Iniciamos os contactos cos representantes políticos do noso pobo. De que imos falar?

ANPAs da Costa da Morte

Como acordamos na última asemblea da federación,  as ANPAs da Costa da Morte imos manter  conversas coas organización políticas con representación na Costa da Morte e Xallas. Os partidos políticos serán os encargados de poñer as datas das reunións.

Actualmente temos contactado con BNG, PSOE, PP, ANOVA – IU – Mareas e Terra Galega. Como non temos, nestes intres, teléfonos doutras organización de ámbito comarcal, era conveniente conseguilos  para evitar discriminacións non pretendidas. O luns 20 de xullo comezarán os devanditos encontros. A primeira cita é co BNG.

Os asuntos a tratar serán os seguintes: Sigue lendo

Reunión en Fisterra

Reunión ANPAs no concello de Fisterra

 

Consuelo Lestón (presidenta da ANPA de Sardiñeiro – Fisterra, e representante da Federación de  ANPAs da Costa da Morte) e os concelleiros de Educación e Servizos do concello de Fisterra – Xan Carlos Sar Oliveira (Kuka) e Teresa Fernández Martínez – mantiveron unha reunión na procura de mellorar, entre as dúas entidades, a organización da comunidade escolar no concello de Fisterra.

Coincidiron os interlocutores en que as ANPAs deben ser as entidades onde se artelle a participación das familias na vida dos centros, colaborando co profesorado e coa dirección dos mesmos, para a mellora da educación e da vida das nosas fillas e fillos. E tamén debe ser un espazo de interlocución entre a Administración Educativa e a entidade municipal nas competencias educativas que lle corresponden, participando dun xeito directo e/ou representativo, segundo o ámbito da demanda, na denuncia de necesidades e na formación de alternativas e solucións.