Iniciada a campaña de concienciación e reivindicación na procura dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria

Campaña ANPAS GALEGAS de concienciación e reivindicación na procura dunha correcta atención hospitalaria e domiciliaria

 

A confederación ANPAS GALEGAS (da que a nosa federación forma parte) inicia unha campaña de concienciación e reivindicación, dirixida á procura dunha correcta atención hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.

De xeito paralelo, Nieves Villar (a nai de Hadrián) de Malpica inicia a campaña por unha lei galega de educación domiciliaria para nenos enfermos de longa duración:
https://www.change.org/p/consellar%C3%ADa-de-educaci%C3%B3n-da-xunta-de-galicia-por-unha-lei-galega-de-educaci%C3%B3n-domiciliaria-para-nenos-enfermos-de-longa-duraci%C3%B3n?recruiter=402789608&utm_source=share_petition&utm_medium=facebook&utm_campaign=share_for_starters_page&utm_term=des-lg-no_src-no_msg

A federación de ANPAs da Costa da Morte presentou aos centros educativos o PROGRAMA DE PATIOS

 

Xogos cooperativos

Xogos cooperativos

 

Trátase de lograr que o alumnado con dificultades para a relación social consiga habilidades básicas para o achegamento aos seus iguais, que sexan receptivos a propostas de xogo dos seus compañeiros, que poidan mesmo tomar a iniciativa e propor eles mesmos os xogos, que aprendan a enfrontar e resolver conflitos, … Pero un programa de xogos de patio non só beneficia ao alumnado con dificultades para a relación social. Estes programas fomentan a convivencia escolar no centro porque son un mecanismo de prevención da conflitividade e o acoso escolar e inculcan entre os estudantes valores como o respecto á diversidade, a igualdade, a non discriminación, e promoven a resolución pacífica de conflitos. Obxectivos dos programas de patio:

  • Desenvolver habilidades de interacción e participación en diferentes xogos de grupo.
  • Promover a diversión nos momentos de patio xunto cos seus compañeiros.
  • Favorecer a actividade funcional do alumno, xa que a inactividade tende a asociarse co incremento das alteracións de conduta e do illamento:
    • Evitar o autoillamento e os xogos en solitario
    • Evitar os estereotipos e os sitios fixos de permanencia no patio
  • Apoiar o proceso de adaptación aos cambios que trae o paso de etapa de educación infantil a primaria.
  • Fomentar a convivencia escolar no centro.
  • Previr o sedentarismo.
  • Evitar que o fútbol monopolice os patios.