Iniciamos os contactos cos representantes políticos do noso pobo. De que imos falar?

ANPAs da Costa da Morte

Como acordamos na última asemblea da federación,  as ANPAs da Costa da Morte imos manter  conversas coas organización políticas con representación na Costa da Morte e Xallas. Os partidos políticos serán os encargados de poñer as datas das reunións.

Actualmente temos contactado con BNG, PSOE, PP, ANOVA – IU – Mareas e Terra Galega. Como non temos, nestes intres, teléfonos doutras organización de ámbito comarcal, era conveniente conseguilos  para evitar discriminacións non pretendidas. O luns 20 de xullo comezarán os devanditos encontros. A primeira cita é co BNG.

Os asuntos a tratar serán os seguintes: Sigue lendo

Formación sobre accesibilidade nos centros educativos

mans

 

 

 

 

 

 

O vindeiro luns 24  de novembro, 8 integrantes das ANPAs da Costa da Morte (membro da Confederación de Anpas Galegas) e un representante da asociación Aloumiños  asistirán a un curso de COGAMI, en Santiago de Compostela,  co obxectivo de adquirir os coñecementos necesarios para iniciar un traballo sobre a accesibilidade nos centros educativos da Costa da Morte. Sigue lendo