Mobilízate en contra da LOMCE o 16 de febreiro!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MOBILÍZATE EN CONTRA DA LOMCE O 16 DE FEBREIRO!!! Sigue lendo

Concentracións e manifesto “NON ÁS REVÁLIDAS”

cartaz-nin-lomce-nin-revalidas

A PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO  realizaremos en toda Galiza concentracións  contra as reválidas o 26 de outubro de 2016.

 
As reválidas responden, exclusivamente, a unha concepción totalmente clasista e elitista da educación e contribúen a excluír o alumnado máis desfavorecido socialmente do dereito á educación, cando xa hoxe o ensino público carece de elementos compensatorios para facer efectivo e real o principio de igualdade de oportunidades.

Para acceder ao manifesto completo ” Nin LOMCE nin Reválidas” clica na ligazón ou nas liñas inferiores:

manifesto-plataforma-non-as-revalidas-fed-prov-de-anpas-da-coruna-costa-da-morte


Manifesto completo: Sigue lendo

Concentracións “Pola gratuidade universal dos libros de texto” en toda Galicia organizadas pola Confederación de Anpas Galegas.

????????????????????????????????????

Aprobado na  Asemblea da Confederación de Anpas Galegas que tivo lugar en Santiago de Compostela o venres 5 de xuño de 2015.

Concentracións comarcais en toda Galicia organizadas pola Confederación de Anpas Galegas “Pola gratuidade universal dos libros de texto e material escolar”.

Día 15 de Xuño ás 20:00 horas

Rebélate contra as inxustas Ordes de libros de texto. Defende o dereito ao Ensino Público!

Concentracion Anpas Galegas1

Temos dereito a un ensino gratuíto! Temos dereito aos libros de texto!

libros de texto

COMENTARIOS Á ORDE CREACION FONDO SOLIDARIO 2015-2016

COMENTARIOS Á ORDE QUE CONVOCA AXUDAS PARA LIBROS 2015-2016

 

A Constitución española di: “o ensino básico é obrigatorio e gratuíto”.

A defensora do pobo di: “o carácter gratuíto do ensino nos niveis educativos obrigatorios debería facerse extensivo aos libros de texto e material didáctico utilizado”

O Consello Escolar do Estado di: “O libro de texto ou material didáctico que sexa preciso para impartir o ensino básica e, polo tanto, garantir o dereito fundamental á Educación, ten que ser gratuíto”

Polo tanto, nós, as nais e pais do alumnado de Ensino Público esiximos que a Administración Pública forneza a todos os nosos fillos e fillas dos libros de texto que necesiten,  dun xeito gratuíto e universal; e que ese fornecemento respecte ademais os principios de reciclaxe, de uso compartido, de educación no coidado e na posta en valor dos bens comúns, o que se conseguirá por medio dun sistema de préstamo universal e gratuíto, demanda permanente da comunidade educativa galega. Sigue lendo

Valoramos positivamente o rexeitamento á Reválida de Primaria

????????????????????????????????????

 

A federación de ANPAs da Costa da Morte que, como é coñecido, apoiou calquera decisión que as familias adoptaron para expresar o seu rexeitamento ás reválidas, mesmo a de non enviar as súas fillas e fillos ao colexio nos días programados, valora positivamente a responsabilidade das familias ao decidir, de xeito maioritario e persoal, non enviar as crianzas ao centro para que fosen etiquetadas de xeito absurdo e antipedagóxico. Sigue lendo