Xornadas ANPAS GALEGAS sobre a atención á diversidade en Cee

O obxectivo primordial é xerar un tempo e un espazo no que adquirir coñecementos e aprendermos xuntos, profesorado, nais e pais. Porque a todos nos move un único interese: mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado.
Teremos ao dispor d@s asistentes un servizo de ludoteca, canguraxe, cátering…

PROGRAMA XORNADAS SOBRE A ATENCIÓN A DIVERSIDADE CEE

Apoiamos a folga estudantil do 16 de novembro de 2017


A Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte manifesta o seu total apoio á xornada de mobilizacións que se realizará o vindeiro 16 de novembro no Ensino medio e universitario galego.

Valoramos  positivamente a implicación da nosa xuventude na demanda dun Ensino Público de Calidade, actualmente comprometido por unha absoluta parálise de todo o que ten que ver co desenvolvemento da LOMCE, Lei que está absolutamente rexeitada pola cidadanía galega e que manteñen falsamente en vigor coa escusa de tramitar un “pacto para a educación” que xa leva acumulado un retraso de máis do duplo do tempo no que se prometeu que vería a luz.

Entendemos tamén que a demanda dunha Lei Galega de Educación, tal e como é obxectivo desta convocatoria de folga, está totalmente compartida por esta federación, que, de sempre, defendeu que o Ensino Público Galego debería ter un corpus normativo propio e adaptado á nosa realidade social e cultural.

Por todo o anterior, animamos á participación, e á mobilización o vindeiro 16 de novembro.

Acordos da asemblea do venres 20 de outubro 2017.

Na reunión que tivo lugar o venres (20 – 10- 2017) ás 20.00 h. en Vimianzo con representantes de ANPAs tratáronse os seguintes puntos da orde do día: Sigue lendo

104 alumnas e alumnos inscritos na Liga de Xadrez das ANPA

Rematado o prazo de Inscrición para a liga de xadrez das ANPAs (federación provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte), inscribíronse 104 alumnas e alumnos para unha liga que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro.
Agora formaranse equipos entre as distintas ANPAs da federación de ANPAS da Coruña – Costa da Morte, a realizar en tres xornadas (con competicións múltiples en cada unha delas).

Sigue lendo

Liga de xadrez nas ANPA

Na reunión que tivemos o venres 18 de agosto en Vimianzo acordamos organizar, de xeito lúdico, unha “liga de ANPAs” co obxectivo de fomentar o xadrez entre crianzas, mozas e mozos en idade escolar. Sigue lendo