CAMIÑO SENLÍMITES 2018. Camiñando pola inclusión educativa e en todos os ámbitos da vida


O Camiño SenLímites son uns roteiros inclusivos pola Costa da Morte, relativamente sinxelos de percorrer e máis complexos de organizar.

Pero este vindeiro ano contamos cunha novidade ben interesante, baseado na aprendizaxe cooperativa, por proxectos, inclusión educativa, cooperación entre a comunidade educativa… Complexo? Si, porén atractivo.

Queres colaborar con nós? Queres vir de voluntari@?

Contacta con nós en neae@fedanpas.org ou en RompendoLimitesADC@gmail.com,  pero segue a ler:
O resultado desa aprendizaxe desembocará o 17 de marzo do 2018 nuns roteiros que fan de fíos condutores ou de soporte para a realización de diversas actividades en equipo.

No Camiño SenLímites poden participar grupos de persoas diversos, heteroxéneo. A inscrición é de xeito individual ou colectivo a través de entidades deportivas, colectivos de Necesidades Específicas, ANPAs, asociacións diversas, concellos, entre outros.
E cada participante paga 1 euro na inscrición para axudar a pagar o seguro individual de accidentes de participantes, que é un dos 3 seguros que temos contratados.

Organización Básica.

Non é simple de organizar porque se fai nun espazo aberto (ao longo da Costa da Morte), pero agardamos contar coa colaboración dos concellos polos que pasan os roteiros, xunto ao concello de Carballo que xa no 2017 colaborou con infraestrutura e furgoneta para coche escoba, transporte.
Necesitamos voluntariado técnico formado e outros non necesariamente formado, coordinadoras dos diversos grupos participantes, contrataremos 3 tipos de seguro (Resp. Civil, Accidentes de voluntariado e o individual de participantes), sistemas individuais de comunicación como walkies, tamén necesitaremos contratar ambulancia de apoio…
E, imprescindiblemente, contar con algo básico (sen iso imposible pode organizar case nada):
Capacidade de compartir, ser empáticos, estar abertos a aprender (de tod@s @s participantes) en cada roteiro, e ganas de pertencer a unha comunidade afectiva.

Porque xurdiu o Camiño SenLímites?

Porque buscamos espazos de confluencia para compartir experiencias de xeito lúdico e gozando da natureza.
E porque expuxemos este ano o Camiño SenLímites nas dúas últimas xornadas de formación para familias e profesorado?
Pois porque á aprendizaxe, igual que á Inclusión, non lle hai que poñer barreiras e, ademais, porque consideramos que non se forma só nas aulas.
Por outra parte, o Camiño pode englobarse no ámbito da Educación xa que involucra a un grupo social heteroxéneo, no cal se adquiren e acumulan coñecementos, habilidades e actitudes mediante as experiencias propias de cada individuo e na relación coa súa contorna.

Por outra parte, neste vindeiro ano 2018 contaremos con diversas Científicas e Científicos Sen Límites que nos enseñarán novos coñecementos. Agardamos por eles!!!

Como é concibido o Camiño SenLímites?

É concibido como unha estratexia inclusiva a longo prazo (só levamos 2 edicións) constando de varios roteiros que inclúen diversas actividades como visitas a museos, charlas diversas (historia e historias da zona, efectos da nosa situación xeográfica,…e outras actividades socioeducativas,…en comunidade e coa colaboración de distintos ponentes, entre eles, alumnado diverso de centros educativos, ecoloxistas, investigadores, artistas…

Con isto que pretendemos? Visibilizar!!!

A través do Camiño SenLímites colaboramos na visibilización da necesidade de abordar e responder á diversidade de persoas e sensibilizar na necesidade de reducir a exclusión dentro e fóra do sistema educativo.
Ou sexa, o obxectivo transversal do inclusivo Camiño SenLímites, onde participan tanto persoas con ou sen discapacidades, é permitir que todas e todos nos sintamos cómodos na diversidade na que vivimos, percibíndoa non como un problema, senón tamén como unha oportunidade para enriquecer tamén as formas de ensinar, aprender e convivir.
En termos colaborativos sería algo así como que persoas moi distintas formen unha diversa comunidade afectiva co obxectivo de conseguir unha aprendizaxe efectiva (comunidade afectiva > aprendizaxe efectivo).

A alianza natural con diversas asociacións.

O Camiño SenLímites transformouse nunha alianza natural con diversas asociacións da contorna. Asociacións que promoven que a diversidade das persoas superen os obstáculos e dificultades na súa contorna para poder participar plenamente na vida da súa comunidade.
Nesa alianza tamén agardamos contar con concellos polos que transcorra o Camiño SenLímites, xunto ao de Carballo (onde temos montado o campamento – base).

Son necesarias tantas alianzas?

Si. É necesario visibilizar que vivimos nunha realidade complexa que require apoios para que, entre todas e todos, de xeito cooperativo rompamos barreiras co obxectivo de conseguir unha sociedade máis equitativa e xusta; que permita vivir dun xeito máis independente e cómodo posible máis aló das limitacións e dificultades que teñamos. En resumo, iso é o Camiño SenLímites.

Viki Rivadulla resume en poucas palabras que é o Camiño SenLímites:
“Ademais de amosar a fermosura do noso patrimonio sirve para socializar, para rachar barreiras e para dicir que, xuntos, non hai límites”

Deixar unha resposta