Apoiamos a folga estudantil do 16 de novembro de 2017


A Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte manifesta o seu total apoio á xornada de mobilizacións que se realizará o vindeiro 16 de novembro no Ensino medio e universitario galego.

Valoramos  positivamente a implicación da nosa xuventude na demanda dun Ensino Público de Calidade, actualmente comprometido por unha absoluta parálise de todo o que ten que ver co desenvolvemento da LOMCE, Lei que está absolutamente rexeitada pola cidadanía galega e que manteñen falsamente en vigor coa escusa de tramitar un “pacto para a educación” que xa leva acumulado un retraso de máis do duplo do tempo no que se prometeu que vería a luz.

Entendemos tamén que a demanda dunha Lei Galega de Educación, tal e como é obxectivo desta convocatoria de folga, está totalmente compartida por esta federación, que, de sempre, defendeu que o Ensino Público Galego debería ter un corpus normativo propio e adaptado á nosa realidade social e cultural.

Por todo o anterior, animamos á participación, e á mobilización o vindeiro 16 de novembro.

Deixar unha resposta