Quen está a pagar o ensino privado?

Mentres o goberno do estado e da Xunta recortan no Ensino Público, na Galiza o 60,5% dos ingresos da educación privada non universitaria procede das subvencións públicas:
242,93 millóns dos 401,5 de ingresos correntes, onde as subvencións por alumno concertado alcanzan os 2719 euros, segundo se recolle na ENQUISA DE FINANZAMENTO DOS CENTROS PRIVADOS NON UNIVERSITARIOS 2014-2015.

E por se non abondase, estamos soportando una retrógrada LOMCE que, nin o goberno nin o congreso dos deputados, fan por cambiar para contar con outra lei educativa participativa e inclusiva, acorde as necesidades actuais e futuras.

Podemos seguir soportando tanta inxustiza?

A análise que se fai en ANPAS GALEGAS sobre esta situación é totalmente acertada.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/60-5-ingresos-do-ensino-privado-galiza-venen-das-administracions-publicas/20171129132210063745.html

Orzamentos da Xunta 2018. Outra oportunidade perdida para o Ensino


Moito frío nos traen os orzamentos da Xunta de Galiza que visibilizan os recortes en Educación.
Os orzamentos da Consellaría de Educación perden cada ano máis peso en relación aos da Xunta de Galiza. Representaban o 27% do total en 2009 e agora só representan o 22,2%, polo que perderon case 5 puntos que non se recuperan mesmo nunha fase lixeiramente expansiva nas contas da Xunta. Isto implica ademais que a Consellaría de Educación sexa a terceira que menos medra, por detrás de Medio Rural e Facenda.

Máis datos en CIG Ensino

CAMIÑO SENLÍMITES 2018. Camiñando pola inclusión educativa e en todos os ámbitos da vida


O Camiño SenLímites son uns roteiros inclusivos pola Costa da Morte, relativamente sinxelos de percorrer e máis complexos de organizar.

Pero este vindeiro ano contamos cunha novidade ben interesante, baseado na aprendizaxe cooperativa, por proxectos, inclusión educativa, cooperación entre a comunidade educativa… Complexo? Si, porén atractivo.

Queres colaborar con nós? Queres vir de voluntari@?

Contacta con nós en neae@fedanpas.org ou en RompendoLimitesADC@gmail.com,  pero segue a ler:
O resultado desa aprendizaxe desembocará o 17 de marzo do 2018 nuns roteiros que fan de fíos condutores ou de soporte para a realización de diversas actividades en equipo. Sigue lendo

Xornadas ANPAS GALEGAS sobre a atención á diversidade en Cee

O obxectivo primordial é xerar un tempo e un espazo no que adquirir coñecementos e aprendermos xuntos, profesorado, nais e pais. Porque a todos nos move un único interese: mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado.
Teremos ao dispor d@s asistentes un servizo de ludoteca, canguraxe, cátering…

PROGRAMA XORNADAS SOBRE A ATENCIÓN A DIVERSIDADE CEE

Apoiamos a folga estudantil do 16 de novembro de 2017


A Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte manifesta o seu total apoio á xornada de mobilizacións que se realizará o vindeiro 16 de novembro no Ensino medio e universitario galego. Sigue lendo