104 alumnas e alumnos inscritos na Liga de Xadrez das ANPA

Rematado o prazo de Inscrición para a liga de xadrez das ANPAs (federación provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte), inscribíronse 104 alumnas e alumnos para unha liga que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro.
Agora formaranse equipos entre as distintas ANPAs da federación de ANPAS da Coruña – Costa da Morte, a realizar en tres xornadas (con competicións múltiples en cada unha delas).

As alumnas e alumnos só necesitarán saber previamente como colocar as pezas e os seus movementos no taboleiro. Como comentamos noutra ocasión, non se busca alcanzar determinado resultado, senón popularizar esta actividade. Para complementar a metodoloxía lúdica, ao remate de cada xornada haberá unha pequena festa con aperitivos para todas e todos os participantes.

Onde terán lugar os campionatos da liga escolar:
Ponteceso 28 de outubro. Inauguración e inicio da primeira xornada da liga.
Carballo – 4 de novembro. Segunda xornada da liga de ANPAs.
Mazaricos – 18 de novembro. Terceira xornada e peche da liga.

Unha reflexión sobre “104 alumnas e alumnos inscritos na Liga de Xadrez das ANPA

Deixar unha resposta