Liga de xadrez nas ANPA

Na reunión que tivemos o venres 18 de agosto en Vimianzo acordamos organizar, de xeito lúdico, unha “liga de ANPAs” co obxectivo de fomentar o xadrez entre crianzas, mozas e mozos en idade escolar.

Esta liga desenvolverase entre os meses de outubro e novembro (en principio serán os sábados pola tarde), formando equipos entre as distintas ANPA da federación de ANPAS da Coruña – Costa da Morte, a realizar en tres xornadas de tarde. As alumnas e alumnos só necesitarán saber previamente como colocar as pezas e os seus movementos no taboleiro.
Non se busca alcanzar determinado resultado, senón popularizar esta actividade. Para complementar a metodoloxía lúdica, ao remate de cada xornada haberá unha pequena festa con aperitivos para todas e todos os participantes.

Inscricións:
Fíxase, como data tope, o 10 de outubro para as ANPA interesadas.
Clica aquí para inscribirte na liga de xadrez

Onde terán lugar os campionatos da liga escolar:

Ponteceso – 21 ou 28 de outubro (pendente de escolla).
Carballo – 4 de novembro.
Mazaricos – 18 de novembro.

En datas posteriores pódese participar, se é de interese do alumnado, en campionatos provinciais (xaneiro 2018), galego (marzo 2018), estatal (xuño 2018) ou mundial (novembro 2018, en Santiago de Compostela).

Deixar unha resposta