Resumo I etapa do inclusivo camiño Costa da Morte SenLímites (Malpica – Santo Hadrián)

Arrincamos  do porto de Malpica cunha magnífica climatoloxía que nos acompañou toda a xornada, permitíndonos gozar dunhas  vistas marabillosas.

Volvendo de Santo Hadrián, fixemos fotos, tomamos un descanso e atendemos á charla de Xurxo Alfeirán.

Pola noite, despois de falar da seguinte etapa SenLímites do 25 de marzo, concerto coa TraskiBand….E a durmir…

CAPÍTULO DE AGRADECEMENTOS DA I ETAPA DO CAMIÑO COSTA DA MORTE SENLÍMITES…

Os nosos agradecementos a

todas as persoas que participaron nesta primeira etapa do Camiño  SenLímites 2017, a Un Paso Máis, Aspaber, Ingada, Apem Carballo, Adcor, voluntari@s, monitoras/es de tempo libre, concello de Carballo, concello de Malpica, protección civil e policía local de Malpica, ambulancias Santa Marta, ximnasio World Fit Carballo, asociación Camiño dos Faros e asociación deportiva e cultural Rompendo Límites.

E pola colaboración na elaboración do roteiro, revisión e divulgación a Martín Varela de Vidu e Manuel Cantelar de Un Paso Máis.

Unha reflexión sobre “Resumo I etapa do inclusivo camiño Costa da Morte SenLímites (Malpica – Santo Hadrián)

  1. Pingback: Resumo das xornadas da fin de semana do 11 de marzo | Confederación de Anpas Galegas

Deixar unha resposta