3ª Etapa do inclusivo camiño Costa da Morte SenLímites (Cabana – As Grelas)

Cartaz 3ª Etapa SenLímites en boa resolución

Ligazón á etapa sinalada coas dificultades técnicas, tempo e coordenadas (satélite/mapa)

Inscrición como voluntariado

Inscrición adultos e menores

 

 

 

A Confederación ANPAS GALEGAS presentou reclamacións na CIUG en contra da ponderación ABAU


Manifestamos a nosa preocupación e malestar polas consecuencias inxustas que, sen dúbida, terán os novos Parámetros de Ponderación de materias que a CIUG fixo públicos esta semana.

Concretamente consideramos que son uns parámetros inxustos polos seguintes motivos: Sigue lendo

Resumo I etapa do inclusivo camiño Costa da Morte SenLímites (Malpica – Santo Hadrián)

Arrincamos  do porto de Malpica cunha magnífica climatoloxía que nos acompañou toda a xornada, permitíndonos gozar dunhas  vistas marabillosas.

Volvendo de Santo Hadrián, fixemos fotos, tomamos un descanso e atendemos á charla de Xurxo Alfeirán.

Pola noite, despois de falar da seguinte etapa SenLímites do 25 de marzo, concerto coa TraskiBand….E a durmir… Sigue lendo

Presentamos as xornadas Vivimos na Diversidade

Presentamos aos medios de comunicación as xornadas “Vivimos na Diversidade”.

Explicamos que o obxectivo primordial é xerar un tempo, na diversidade que vivimos, para aprendermos xuntos, profesorado, nais e pais. Porque a todas e todos nos move un único interese: mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado.

 

Aproveitaremos ademais as xornadas para poñer en valor e difundir boas prácticas educativas, que a todas e todos nos poden servir de modelo.
O alumnado, as nosas fillas e fillos teñen un mundo diverso por descubrir pero nós, as familias e docentes… temos moito que aprender e transmitir. Por iso estareremos todas e todos, para VIVIR NA DIVERSIDADE, amosándoa e aprendendo dela.