9 de marzo. Folga no Ensino Público

O próximo 9 de marzo está convocada por diferentes organizacións educativas unha folga xeral do Ensino Público, para continuar na protesta contra da LOMCE, unha lei contra a que levamos máis de cinco anos loitando, que mesmo ten acordos maioritarios de paralización no Congreso dos Deputados, pero que continúa a aplicarse por uns gobernos que non queren escoitar o que a cidadanía dixo na rúa, e tamén nas urnas.

Para a a federación de ANPAS da Coruña – Costa da Morte e a Confederación ANPAS GALEGAS, a defensa dun Ensino Público galego, inclusivo e laico, é a razón fundamental da nosa existencia, e estaremos sempre con todas aquelas persoas e organizacións que defendan con nós eses principios elementais de equidade e respecto mutuo, e loxicamente estaremos en contra de todo aquilo, e de todos aqueles, que os ataque ou os menosprece.

Por iso estaremos o día 9 de marzo nas rúas, e por iso animamos a todas as familias galegas a apoiar esta folga, para rematar coa LOMCE, para termos un Ensino Público como o que queremos e merecemos.

 

 

 

                                                                

Deixar unha resposta