9 de marzo. Folga no Ensino Público

O próximo 9 de marzo está convocada por diferentes organizacións educativas unha folga xeral do Ensino Público, para continuar na protesta contra da LOMCE, unha lei contra a que levamos máis de cinco anos loitando, que mesmo ten acordos maioritarios de paralización no Congreso dos Deputados, pero que continúa a aplicarse por uns gobernos que non queren escoitar o que a cidadanía dixo na rúa, e tamén nas urnas.

Para a a federación de ANPAS da Coruña – Costa da Morte e a Confederación ANPAS GALEGAS, a defensa dun Ensino Público galego, inclusivo e laico, é a razón fundamental da nosa existencia, e estaremos sempre con todas aquelas persoas e organizacións que defendan con nós eses principios elementais de equidade e respecto mutuo, e loxicamente estaremos en contra de todo aquilo, e de todos aqueles, que os ataque ou os menosprece.

Por iso estaremos o día 9 de marzo nas rúas, e por iso animamos a todas as familias galegas a apoiar esta folga, para rematar coa LOMCE, para termos un Ensino Público como o que queremos e merecemos.

 

 

 

                                                                

Xornadas “Vivimos na Diversidade”

Xa está aberto o prazo para inscribirse nas xornadas “Vivimos na Diversidade”

PROGRAMA XORNADAS VIVIMOS NA DIVERSIDADE 24, 25, 26 de marzo 2017 Cee

COMO INSCRIBIRSE NAIS, PAIS E OUTROS COLECTIVOS INTERESADOS? Sigue lendo

2 de marzo. Asemblea  da Federación de ANPAs da Coruña – Costa da Morte

 

 

 

 

 

 

 

LUGAR: PAZO DA CULTURA DE CARBALLO

DIA: 02 marzo 2017 (xoves)

HORA: 19:30h.

AULA:   aula 4, segundo andar do Pazo da Cultura.

Pola presente, queda convocada a Asemblea  da Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte para tratar os seguintes puntos da orde do día, agás que haxa outras propostas das ANPA: Sigue lendo

Xa está aberto o prazo de Inscrición no camiño Costa da Morte SenLímites

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inscrición adultos—– —>  http://www.fedanpas.org/inscricion/
Inscrición menores—– ->  http://www.fedanpas.org/inscricion-menores/
Inscrición voluntariado–>  http://www.fedanpas.org/voluntariado/
Contacto coordinador —> http://www.fedanpas.org/contacto-cf/

22 de febreiro, presentación do inclusivo camiño Costa da Morte SenLímites

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Queredes acompañarnos o 22 de febreiro no Ágora? Sigue lendo