Porque estamos en contra das reválidas de 3º e 6º de primaria

Mobilización contra a LOMCE na Costa da Morte

 

 

 

 

 

ANIMAMOS ÁS FAMILIAS A SUMARSE Á INSUBMISIÓN Á REALIZACION DESTAS PROBAS SOBRE OS NOSOS FILLOS E FILLAS, non os enviando ao colexio durante as horas, ou días, da súa realización.

 

• Chamamos ás familias para que manifesten o seu rexeitamento, a través da presentación do escrito que se acompaña.
• Expresamos publicamente o noso rexeitamento como confederación, e invitamos a todas as federacións de ANPAS e a todas as ANPAs a que o fagan así en todos os foros que teñan ao seu alcance, páxinas web, redes sociais, taboleiros de anuncios, difusión aos seus socios,…
• Esiximos nova e constantemente a derrogación da LOMCE, non queremos esa Lei, e non pararemos de dicilo.

Porque rexeitamos as reválidas de 3º e 6º de primaria?

Para informarte podes descargar os seguintes documentos:

Que son as avaliacións de primaria 2016?

LOMCE presentación powerpoint reválidas 2016

LOMCE presentación reválidas 2016pdf

Proposta de carta de rexeitamento das reválidas: CARTA REXEITAMENTO FAMILIAS

Asemblea martes martes 26 de abril de 2016

Aniversario e premios ensino

 

 

 

 

Puntos da orde do día:
1 – Caso ascensor en colexio de Laxe para alumnado con mobilidade reducida, con proposta de reunión da comisión NEAE e diversos colectivos NEAE.

 
2- Reválidas de 3° e 6° de primaria, charlas da fedANPAS da Costa da Morte e da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
datas, horarios das charlas reválidas e localidades:
1- 29 abril Carballo (ás 8 da tarde, van pedir a casa da xuventude).
2- 2 maio Baio (ás 9 da noite no polideportivo -casa da cultura).
3- 3 maio Laxe (ás 19:30 h. no local social Valle Inclàn).
4- 4 maio Cee (ás 7 da tarde, salón de actos do concello ).
5- 5 maio A Laracha (ás 8 da tarde, no comedor do Otero Pedrayo).
6- 9 de maio Malpica (ás 5 da tarde no auditorio do centro civico).
Nota 1 deste punto:
O mércores 4 en Cee despois da charla realízase a concentración.
19:00 h. charla informativa sobre as reválidas no salón de actos do concello.
20:00 h concentración na Praza 8 de Marzo.
20:30 h concerto a cargo de Leo Kch. (se está bo tempo na Praza 8 de Marzo, senón no salón de actos do concello).
Nota 2:
A concentración en Carballo do mércores 4 de maio tamén contará con concerto, a idea é facela na praza do concello ás 20.00 h.

 
3- 4a. etapa do I Camiño dos Faros Inclusivo. Arou – Camelle (30 de abril).

4- Xornadas Educativas da Laracha e Fisterra.
5- Proposta de xornadas de Igualdade na Educación en Cee en outubro.

Aprendemos da Diversidade na Laracha. Xornadas de Atención á Diversidade na Costa da Morte

Aprendemos da Diversidade na Laracha

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA XORNADAS APRENDEMOS DA DIVERSIDADE NA LARACHA (2)

4ª Etapa Camiño dos Faros Inclusivo

cartaz 4ª etapa I Camiño dos faros Inclusivo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Programa:
17:00h. Quedada en mirador de Lobeiras (Arou). Localización aquí.
17:30h. Mirador de Lobeiras (Arou)
18:00h. Praia de Arou
19:00h. Visita restos do xardín museo de Man. Charlas de historia de Camelle no porto (porto baleeiro, naufraxios, estación de salvamento,…)
20:00h. Visita á casa do Alemán e palilleiras de Camelle.
20:30h. Churrasco en colaboración co bar Molinera e concello de Camariñas
22:00h. Concerto da TraskiBand

Como chegar ao punto de encontro (Mirador de Lobeiras) Clica aquí

Nota: podes “baixarte en calquera das paradas”, non tes porque facer todo o percorrido.

Percorrido (4.5 kms):Percorrido Arou Camelle

 

 

 

 

 

 

Para Inscribirse:

Clica aquí para informarnos de que queres participar na 4ª etapa.
Por cuestións do seguro, lémbrate de cubrir os datos de Inscrición roteiro e entregalo asinado o mesmo sábado 30 de abril. Para inscribir menores de idade, facelo en “PARA MENORES DE IDADE” e entregalo asinado o mesmo sábado 30 de abril.

Na federación de ANPAs da Costa da Morte e resto de colectivos organizadores debemos saber a cantidade aproximada de persoas que van participar no roteiro.

A Inclusión botou a andar polo Camiño dos Faros da Costa da Morte

9 camiño inclusivo

 

 

 

 

 

 

 

Data histórica din en Que Pasa na Costa para esta iniciativa civil que sitúa á Costa da Morte á vangarda dos roteiros naturais da península. A confederación ANPAS GALEGAS en colaboración coa asociación trasna, concellos de Cabana, Laxe, Ponteceso, Carballo e membros das asociacións Íntegro, Aspaber, Aloumiños, Aspadex, APEM, Aspronaga e Un Paso Máis colaboraron nas actividades dun sábado onde a Inclusión botou a andar polo camiño dos faros a través de trasn@s superheroes que están a dar os necesarios pasos para conseguir unha Costa da Morte Accesible.