I Edición do Camiño dos Faros Inclusivo (III etapa)

I Camiño dos Faros Inclusivo

I Camiño dos Faros Inclusivo

 

 

 

 

 

 

 

 

Percorrido da 3ª etapa Ponteceso-Laxe

Programa: Sigue lendo

II Xornadas de formación 2016 e III Edición dos premios Ensino Público Galego

 II Xornada de formación 2016 e III edición premios Ensino Público Galego


II Xornada de formación 2016 e III edición premios Ensino Público Galego

Onte, sábado 12 de marzo, tivemos en Carballo unha xornada de formación para as ANPAs asociadas na Federación da Costa da Morte, e tamén entregamos o premio Rosalía a favor do Ensino Público a Nieves Villar, a nai de Hadrián que leva meses loitando, e continúa, para conseguir que a atención educativa chegue tamén na enfermidade aos nosos nenos e nenas enfermos.
Galería de fotos da xornada:
https://www.flickr.com/photos/andresvizoso/albums/72157665276082780

Sigue lendo

Lei de protección do menor e actividades nas ANPAs

Deberes

En que lle afecta ás ANPAs a publicación da Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia que, entre outras, modificou a Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor?

 

A nova lei establece no seu artigo 13.5 textualmente o seguinte:
“Será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, o non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos.

A tal efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais”.

Cómpre ter en conta que existen programas, servizos ou actividades que se organizan e xestionan directamente polas propias ANPAS, casos nos que debe constatarse o cumprimento do reflectido na normativa referenciada, en canto á esixencia da oportuna acreditación de non ter sido condenado/a en sentenza firme por delitos sexuais no marco do artigo 13.5 e respecto do persoal que participe en tales actividades e poida ter un contacto habitual cos menores.

Artigo completo:Lei de protección do menor e actividades nas ANPAs

Todos os días son 8 de marzo

8 marzo2

O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita das mulleres pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Facémonos hoxe eco das palabras da Directora Executiva de ONU Mulleres Phumzile Mlambo-Ngcuka na súa mensaxe para 2016: “cada unha e cada un de nós é necesario para garantir que se adopten accións decisivas, visibles e cuantificables…Deamos o paso pola igualdade de xénero”
Porque por moito que se alardee de avances en materia de igualdade, queda moito por conseguir.
E as ANPAs non son un universo aparte, nos tamén debemos comprometernos a dar o paso pola igualdade. Sigue lendo

II Xornadas de Formación 2016 e Premios Rosalía e Werto, 12 de marzo en Carballo

II Xornadas ANPAS da Costa da Morte 2016

Programación das II XORNADAS FORMATIVAS E PREMIOS ROSALÍA E WERTO en Carballo
Estas II xornadas deste ano escolar 2016 levaranse a cabo o sábado 12 de marzo no Pazo de cultura de Carballo.
Participa!
Contaremos coa actuación do grupo musical Dude para o peche das xornadas https://www.facebook.com/dude.carballo?fref=ts