Falamos coa Valedora do Pobo o 8 de xaneiro

Visitamos o Parlamento Galego con Nieves

Continuando co noso traballo na procura dunha nova, e completa, normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria para os casos de longa enfermidade, hoxe, 8 de xaneiro de 2016, A confederación ANPAS GALEGAS estivemos coa Valedora do Pobo, Milagros Otero, e coa coordinadora da área de educación da institución, Beatriz González.

A reunión pediuse  hai pouco tempo, ao mesmo tempo que entregabamos unha queixa na oficina, como un xeito de iniciar a súa actuación sobre a realidade da desatención na que están os nenos e nenas enfermos de longa duración no que se refire ás súas necesidades educativas. Seguir lendo