Feliz ano novo 2016

calendario escolar

Convídannos desde ANPAS GALEGAS a facer unha reflexión sobre os actuais calendarios escolares. Aínda que  só sexa dende o punto de vista do alumnado, das súas necesidades de organización e descanso, é necesaria a súa modificación?

Estas datas que estamos a vivir son as propias dos bos desexos e as boas intencións, fanse plans para o futuro inmediato coma se a posta a cero dese peculiar contador que son os anos trouxera tamén aire fresco e renovación, coma se fose posible que as cousas mudasen só por soar doce badaladas. Seguir lendo

Resumo do ano 2015. O traballo realizado na federación de ANPAs Costa da Morte en defensa do Ensino Público

Remata o ano 2015 -ANPAs Costa da Morte

 

 

 

 

 

 

A piques de rematar o 2015, queremos lembrar todas as actividades realizadas na federación de ANPAS Costa da Morte e/ou en colaboración coa confederación ANPAS GALEGAS (confederación na que estamos integrados). Comezamos co resumo:

Resumo do traballo realizado no 2015 pola federación de ANPAS Costa da Morte

Decembros 2015 Sigue lendo

E agora, na oficina da Valedora do Pobo demandando o acceso á Educación Domiciliaria e Hospitalaria

Reunión na Oficina da Valedora do Pobo

Hoxe pola mañá, compañeiras e compañeiros da confederación ANPAS GALEGAS estiveron coa coordinadora de Áreas da Valedora do Pobo, que tamén é a encargada da Área de Educación, Beatriz González.  Nesta visita acompañounos Nieves de Malpica, a nai de Hadrián.

No rexistro da oficina da Valedora do Pobo  presentaron un escrito onde demandamos a busca da solución ao necesario acceso á educación Domiciliaria e Hospitalaria para alumnado con enfermidade de longa duración.
Mais non só buscamos a solución á problemática concreta de Hadrián e da súa familia, que claramente precisan.

Queres acceder a máis datos? Clica aquí

Imaxes e vídeos da cadea humana en Malpica e Compostela

Lectura manifesto

Onte, 12 de decembro, ás 12 da mañá, estivemos en Malpica facendo unha cadea humana, reclamando unha nova normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria; segundo vos fomos informando en anteriores comunicados.

Estivemos acompañando a Nieves Villar, e ao seu fillo Hadrián, a quen lle agradecemos constantemente que estea personalizando esta campaña da Confederación ANPAS GALEGAS, e ofrecendo a súa imaxe para representar a todos os nenos e nenas galegos nesa situación.

Podes acceder á lectura do manifesto, a vídeos e fotos da cadea humana clicando nas seguintes ligazóns:

Galería (fotos e vídeos) da cadea humana en Malpica de Bergantiños

Lectura do manifesto na cadea humana do sábado, 12 de diciembre de 2015

Vídeo da cadea interminábel

Cadea humana das mulleres de ferro, mulleres do cerco en Compostela