Participamos na Feira das Asociacións de Carballo

Na Feira das Asociacións

 

A federación de ANPAs Costa da Morte participou na Feira das Asociacións, xunto con representantes de todos os grupos da corporación municipal de Carballo e de moitas das asociacións da contorna.

Estes colectivos, que realizan labores de acción social, uníronse o 29 de novembro no segundo andar do Mercado Municipal da localidade para rexeitar a violencia contra as mulleres.

A federación, e as diversas organizacións que participaron no acto, tamén aproveitamos a mañá para amosar as actividades  que realizamos ao longo do ano.

Actividades que che van interesar. Seguro que non vas vir?

camisola ANPAS COSTA DA MORTEAvisos:

mañá estaremos na Feira das Asociacións en Carballo.

E remataremos as actividades do ano 2015 coa organización dunha cadea humana – 12 do 12, ás 12 – reivindicando  unha correcta atención hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade. A isto NON podedes faltar!!!

Pero xa estamos preparando outras actividades, todas interesantes, para o comezo do 2016: Sigue lendo

Non ficamos caladas, non pertencemos a ninguén!

Non ficamos caladas, non pertencemos a ninguén

O manifesto 25 de novembro contra as violencias machistas da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza “PAREMOS O FEMINICIDIO” comeza sinalando que a violencia de xénero é unha práctica que se remonta ao inicio da sociedade patriarcal. Durante séculos as mulleres foron asasinadas baixo o silencio e a complicidade do seu entorno social, as leis, a relixión e a cultura imperante…

Hai 25 anos, no ano 1990, a  ONU declarou, por primeira vez, que a violencia contra as mulleres era o crime máis encuberto do mundo. Porén, na nosa sociedade aínda perdura a idea de que a violencia exercida contra a muller, sobre todo se quen a exerce é a súa parella, é un asunto privado.

A violencia considerada como un asunto privado deixou de ser invisible para a sociedade e para as institucións, grazas ao esforzo, á denuncia e a constancia dos movementos de mulleres e do feminismo. Persoas expertas na violencia de xénero afirman que está directamente relacionada co poder e a xerarquía, coas relacións asimétricas de poder entre homes e mulleres. Sigue lendo

Solicitamos, de novo, unha entrevista co conselleiro de Educación

DSC_0003
Queremos informarvos que, desde a confederación ANPAS GALEGAS, solicitamos unha entrevista co conselleiro de Educación. O asunto que nos leva a pedir, de novo, esta reunión non é menor, trátase do dereito dun neno á Educación. É lamentable, moi lamentable, que a persoa que está dirixindo a administración educativa galega, teña a insensibilidade de non se presentar a unha xuntanza pedida pola nai dese neno e á que el mesmo a convoca. Dá claramente idea de até que punto certos representantes políticos carecen da conciencia da súa obriga de atención á cidadanía á que deberían servir.

presentación petición reunión conselleiro Educación do 10-11-2015

Sigue lendo

A xestión dos comedores na Costa da Morte

comedores escolares

A federación de ANPAs da Costa da Morte está recollendo datos da situación dos comedores escolares nas nosas comarcas. Hai de dous tipos, o prestado directamente pola administración da Xunta de Galiza e outros por contrato de empresas intermediarias. Sigue lendo