Día do Ensino: a difícil tarefa de participar na Educación

día do Ensino

Falabamos hoxe , 30 de outubro, coas compañeiras e compañeiros de ANPAs GALEGAS sobre o día do Ensino. Ademais, o conselleiro de Educación lémbranos que é unha xornada no que toda a sociedade bota unha ollada ao seu redor, revisa e renova o compromiso coa instrución e coa formación; pero realmente só é unha xornada non lectiva, onde ninguén olla para ningures porque as canles de revisión e renovación están pechadas, como os colexios nun día como hoxe, no que por ser a súa festa deberían estar abertos a toda a comunidade educativa para utilizalos como lugar de reflexión, debate e traballo sobre o ensino que queremos, e sobre o ensino que estamos facendo. Sigue lendo

Iniciada a campaña de concienciación e reivindicación na procura dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria

Campaña ANPAS GALEGAS de concienciación e reivindicación na procura dunha correcta atención hospitalaria e domiciliaria

 

A confederación ANPAS GALEGAS (da que a nosa federación forma parte) inicia unha campaña de concienciación e reivindicación, dirixida á procura dunha correcta atención hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.

De xeito paralelo, Nieves Villar (a nai de Hadrián) de Malpica inicia a campaña por unha lei galega de educación domiciliaria para nenos enfermos de longa duración:
https://www.change.org/p/consellar%C3%ADa-de-educaci%C3%B3n-da-xunta-de-galicia-por-unha-lei-galega-de-educaci%C3%B3n-domiciliaria-para-nenos-enfermos-de-longa-duraci%C3%B3n?recruiter=402789608&utm_source=share_petition&utm_medium=facebook&utm_campaign=share_for_starters_page&utm_term=des-lg-no_src-no_msg

Acordos adoptados na reunión da Comisión NEAE coa confederación ANPAS GALEGAS

????????????????????????????????????

Comentaban as compañeiras e compañeiros da confederación ANPAS GALEGAS que a reunión que tivemos, este pasado venres en Carballo, a comisión NEAE da Costa da Morte, Nieves, a nai de Malpica e a directiva de ANPAS GALEGAS foi excelente. A empatía, o desexo colectivo de mellorar as cousas encheu a aula de reunións. Sigue lendo

ANPAS GALEGAS demanda que se garanta a atención educativa domiciliaria nos casos de enfermidade

Escola na casa

 

SR CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Anda estes días na prensa un caso de excepcional dureza: unha nai de Malpica que ten que reclamar a atención educativa domiciliaria  para o seu fillo enfermo de cancro; semella que a dureza á que nos referimos é o cancro que padece o rapaz, máis non, a dureza está na necesidade de ter que reclamarmos aquilo que constitúe un dereito e máis aínda cando o suxeito deste dereito é un neno.

A propia normativa da Xunta de Galicia establece que “a atención educativa domiciliaria terá como finalidade a continuidade do proceso formativo do alumnado que curse ensinanzas de réxime xeral en modalidade presencial en centros sostidos con fondos públicos e que, por prescrición facultativa, debido a enfermidade ou lesión, non poida asistir con regularidade ao centro por un período prolongado de tempo”.

Presentamos por rexistro unhas simples preguntas ao conselleiro:

  1. Como se garante esta continuidade cunha atención de catro horas á semana?
  2. Que continuidade terá ese proceso formativo cando este neno se incorpore novamente ao ritmo normal da súa idade con esa exigua formación?
  3. Non abondará coa dificultade de readaptación á vida ordinaria logo dunha tal experiencia, como para por riba incrementala con problemas formativos que poderían ter sido resoltos doadamente pola administración educativa?

A atención educativa domiciliaria é unha conquista da demanda social, cunha moi marcada participación de FOANPAs, Federación Olívica de ANPAs, unha das socias fundadoras da nosa Confederación, atención educativa domiciliaria que deberiamos dar por consolidada. Porén, neste momento, dende as asociacións que nos xuntan ás familias para defender o Ensino Público, que é tanto como defender o futuro da xuventude e polo tanto de todo o País, observamos sistematicamente como é necesario xerar unha alarma social para que exista unha reacción da administración educativa.

Está sendo preciso que as familias que están a pasar por unha situación de especial necesidade presenten a súa cara máis íntima ao público para que esa consellería responda, e aínda así non sempre atendendo aos dereitos que se lle esixen. E isto non debería mudar? Non sería máis axeitado establecer protocolos de obrigatorio cumprimento para todos, que outorgasen seguridade xurídica á nosa vida común?

Sr. conselleiro, a cobertura das necesidades educativas do alumnado, de calquera nena ou neno pero máis aínda para os que cumpren os requisitos para a atención domiciliaria, non pode ser obxecto de propaganda, nin andar ao vaivén das demandas mediáticas. Dende a Confederación Anpas Galegas pedimos un tratamento serio, reservado e eficaz para estas circunstancias, e a salvagarda de todos os dereitos que posúen estas familias e  estes escolares.

Como diciamos ao principio, temos agora mesmo un caso urxente enriba da mesa, o de Hadrián, un pequeno de Malpica que atraeu a atención informativa porque a súa familia se nega, con toda a razón, a aceptar unha atención insuficiente.

Solicitamos que se resolva este caso, por suposto e dun xeito inmediato, pero non podemos deixar pasar a oportunidade sen recomendar que se normalicen estas situacións, que exista normativa claramente aplicable, sen físgoas que a fagan confusa. E tamén que exista, e se demostre, unha vontade real por parte desa administración para que estas circunstancias se resolvan administrativamente, no xogo normalizado da esixencia e a satisfacción dos dereitos que todos posuímos, e non a través da exposición pública; exposición á que nós tampouco renunciamos nas actuais circunstancias, pero que desexariamos que desaparecera da xestión da educación pública galega.

Aproveitamos a ocasión para ofrecer tamén a nosa colaboración neste eido, colaboración que desexamos concretar nunha reunión específica sobre a problemática da enfermidade e o ensino, de como entendemos que se poden organizar os medios para que o dereito á educación permaneza por riba das dificultades que a  falta de saúde ás veces ocasiona.

Ficamos na agarda da súa convocatoria.

Sigue lendo