Aprobada a constitución da Comisión NEAE da Costa da Morte

NEAE

 

 

 

 

 

Na asemblea xeral que tivo lugar pasado venres, a federación de ANPAs “Costa da Morte” aprobou a creación da  Comisión de Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) da Costa da Morte.

Este grupo de traballo está integrado por membros das ANPAs da Costa da Morte, por profesionais dos Equipos de Orientación e profesorado dos centros de ensino da Costa da Morte, que colaborarán no asesoramento, e integrantes da asociación Aloumiños.

O martes da semana que entra está convocada unha reunión desta comisión NEAE (integrantes das ANPAs  Costa da Morte e Aloumiños) para debater o funcionamento da propia comisión e dúas iniciativas que aínda temos que “pulir” neste grupo de traballo:

  • unha xornada  participativa, reivindicativa e festiva que ten como fío condutor as necesidades específicas de apoio educativo nos centros de ensino.
  • Campaña de estudo da accesibilidade nos centros educativos da Costa da Morte e programa de sensibilización social no ámbito educativo sobre as dificultades de integración das persoas con diversidade funcional.

Baixo un clima de colaboración, afecto e motivación este grupo de traballo, denominado Comisión NEAE, farán valoracións do sistema escolar das nosas comarcas en referencia ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Tamén se analizarán os textos legais que regulan a súa atención e ás súas familias, compartiranse experiencias e aportaranse ideas de cara a combater o inmobilismo social ou deixadez por parte da consellaría de Educación da Xunta de Galicia, ademais de promover a resolución de problemas na intervención para/con alumnado con diversidade funcional.

Formaremos un equipo de traballo que funcione baixo os parámetros da sensibilidade e o tacto pedagóxico, traballando a prol dunha mellor atención a estas pequenas persoas que máis adiante serán cidadáns adultos, autónomos e libres na nosa sociedade

2 reflexións sobre “Aprobada a constitución da Comisión NEAE da Costa da Morte

  1. Pingback: ANPAS GALEGAS demanda que se garanta a atención educativa domiciliaria nos casos de enfermidade | Anpa CEIP Eduardo Pondal Ponteceso

  2. Pingback: Aprobamos a constitución da Comisión NEAE da Costa da Morte | ANPA "Manuel Murguía" IES Agra de Leborís – A Laracha

Deixar unha resposta