Aprobada a constitución da Comisión NEAE da Costa da Morte

NEAE

 

 

 

 

 

Na asemblea xeral que tivo lugar pasado venres, a federación de ANPAs “Costa da Morte” aprobou a creación da  Comisión de Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) da Costa da Morte.

Este grupo de traballo está integrado por membros das ANPAs da Costa da Morte, por profesionais dos Equipos de Orientación e profesorado dos centros de ensino da Costa da Morte, que colaborarán no asesoramento, e integrantes da asociación Aloumiños.

O martes da semana que entra está convocada unha reunión desta comisión NEAE (integrantes das ANPAs  Costa da Morte e Aloumiños) para debater o funcionamento da propia comisión e dúas iniciativas que aínda temos que “pulir” neste grupo de traballo: Sigue lendo

Convocada Asemblea das ANPAs “Costa da Morte” para tratar varios asuntos

DSC_0040

 

LUGAR: PAZO DA CULTURA DE CARBALLO

DIA: 24 de setembro (xoves)

HORA: 19:30h.

Queda convocada  Asemblea das ANPAs “Costa da Morte” para tratar os seguintes puntos da orde do día: Sigue lendo

Comeza un novo curso e a consellaría de Educación activa os recortes no Ensino Público

 

Un claro NON aos recortes educativos na Costa da Morte

 

Xa dou os primeiros pasos un novo curso escolar en infantil e primaria e  en nada arrinca en secundaria e bacharelato; coma ven sendo cotián nos últimos anos, o principal problema deste comezo de curso é a insuficiente dotación de profesorado que provoca desatención para as necesidades especiais e que impide ese punto de atención suplementaria que faría que moitos dos nosos alumnos e alumnas se incorporasen con normalidade ao ritmo dos seus compañeiros e compañeiras, no canto de ser  encamiñados cara o fracaso escolar.

Comezamos si, pero doídos porque a consellaría de Educación deixa moias situacións sen arranxar, algo  que nos preocupa enormemente, sendo a consellería suficientemente coñecedora delas. Sigue lendo