Este luns, 3 de agosto, tivo lugar a reunión co Partido Popular da Costa da Morte.

REUNION ANPAs - PP

Na reunión comentamos que a Federación de ANPAs da Costa da Morte e Xallas amosa ser un excelente  resultado de dous anos de traballo en común e de experiencias compartidas entre as ANPAs. Esta federación xurde de xeito natural,  sustentada nunha igualdade de criterio naqueles aspectos de maior transcendencia, de xeito que formamos  unha voz común que defende o Ensino Público Galego no noso ámbito de actuación, unha voz sustentada nunha ampla base social, no territorio da Costa da Morte e, agora tamén, na comarca de Xallas. Unha voz que está a ser cada vez maior, máis activa e máis respectada. Sigue lendo