Tivo lugar a terceira reunión cos partidos políticos da Costa da Morte e Xallas, nesta ocasión co PSOE

Reunión ANPAs - PSOE

Este xoves 30 de xullo, a federación  de ANPAs Costa da Morte mantivo a terceira xuntanza cos partidos políticos con representación na Costa da Morte e Xallas; nesta ocasión foi co PSOE.

Este tipo de reunións (a primeira foi co BNG, a segunda con ANOVA) deben encadrarse dentro da normalidade cotián e tiña por obxectivo amosar o desenvolvemento das nosas actividades, o noso medre como federación, a actualización das problemáticas educativas nas nosas comarcas e a lamentable confirmación das dificultades crecentes polas que atravesa o Ensino Público Galego, pola falla de financiamento por parte da Xunta de Galiza e os recortes en educación por parte do goberno estatal. Sigue lendo

Continuamos a rolda de entrevistas cos partidos políticos da Costa da Morte e comarca de Xallas.

????????????????????????????????????

Este martes 28 de xullo continuamos con ANOVA a rolda de entrevistas cos partidos políticos con representación na Costa da Morte e na comarca de Xallas.

Como é habitual nestas reunións, presentámonos e contamos quen somos, que realmente levamos xa  dous anos traballando a prol do Ensino Público Galego no noso ámbito de actuación e que agora só tomamos un tamaño máis grande, e explicamos cales son os nosos sinais de identidade. Como na anterior entrevista, falamos do concepto de educación, de integración, de igualdade, do imprescindible trato diferenciado que precisa o alumnado para que o resultado final sexa un trato equitativo,… E resumo, fixemos fincapé nos catro puntos básicos do noso concepto de Ensino: público, galego, equitativo e laico.

Houbo, por parte do noso interlocutor, unha boa recepción das nosas propostas.

Así foi a primeira reunión co BNG

????????????????????????????????????

Na federación de ANPAs “Costa da Morte” afirmamos que os concellos teñen nas súas mans a administración máis achegada á realidade cotiá, e tamén teñen o potencial de traballar coas outras administracións públicas para axilizar a relación da cidadanía con institucións moitas veces arredadas ou dificilmente accesíbeis. Por iso, foi esta primeira reunión un catálogo de intencións que desexamos sexan, ou xa son,  compromiso das formación políticas que gobernan ou integran as corporacións municipais do noso País.

 

Como nais e pais de nenas e nenos do Ensino Público,  de educación infantil, primaria e secundaria, entendemos que a formación integral, humana e académica, da infancia e a xuventude debe ser o obxectivo principal da administración pública e nomeadamente dos concellos. Tanto desde o punto de vista da competencia propia como dende a perspectiva de intermediarios diante da administración autonómica,  educación debe ser prioritaria nos seus obxectivos, por ser a base dunha sociedade xusta e igualitaria.

Nese senso foi a primeira reunión  co BNG da Costa da Morte e Xallas. E nós consideramos que a súa resposta foi ben positiva, cando os nosos interlocutores afirman:

Gobernamos e participamos en gobernos municipais que defenden o Ensino Público, que poñen ao seu servizo os seus recursos e esforzos.  Entendemos  o ensino como un instrumento esencial ao servizo dunha sociedade galega democrática, igualitaria, inclusiva e participativa, en definitiva dunha sociedade mellor para todos e todas.

Iniciamos os contactos cos representantes políticos do noso pobo. De que imos falar?

ANPAs da Costa da Morte

Como acordamos na última asemblea da federación,  as ANPAs da Costa da Morte imos manter  conversas coas organización políticas con representación na Costa da Morte e Xallas. Os partidos políticos serán os encargados de poñer as datas das reunións.

Actualmente temos contactado con BNG, PSOE, PP, ANOVA – IU – Mareas e Terra Galega. Como non temos, nestes intres, teléfonos doutras organización de ámbito comarcal, era conveniente conseguilos  para evitar discriminacións non pretendidas. O luns 20 de xullo comezarán os devanditos encontros. A primeira cita é co BNG.

Os asuntos a tratar serán os seguintes: Sigue lendo

Carta a Indalecio Cabanas: é preciso atender as necesidades do alumnado NEAE

diversidade

 

 

 

 

 

 

 

Na federación de ANPAs da Costa da Morte, resúltanos difícil entender o proceder da consellaría de Educación, ao eliminaren pleno periodo vacacional- prazas de profesorado especialista en AL e PT que, na práctica, impide as posibilidades de integración do alumnado en situación de desigualdade. Retrocedemos 15 anos cunha decisión así!!!

Por iso, as ANPAs da Costa da Morte presentamos o luns 13 de xullo, por rexistro, unha carta onde lle lembramos a Indalecio Cabanas, xefe territorial da consellaría de Educación na Coruña, o seguinte:

É obriga – como é para calquera de nós o cumprimento das leis – da consellería de educación a atención a todos as nenas e nenos de maneira axustada á súa realidade persoal.

É obriga da consellería de Educación que todas as nenas e nenos – independentemente de que mesmo o seu centro escolar o solicitase ou non, queira ou non, pense que precise ou non – teñan a posibilidade de recibir a atención docente que requiran.

É obriga da consellería de Educación a dotación de profesorado especialista AL, PT e coidador@s abondo que garanta o tratamento do alumnado existente, coas necesidades e peculiaridades que agora mesmo se dean, sen atender a dispoñibilidades orzamentarias nin a catálogos de postos de traballo.

É obriga da consellaría de Educación  atender as necesidades do alumnado NEAE que a comunidade escolar da Costa da Morte lle está a reclamar.

Carta completa entregada por rexistro:

Carta a Indalecio Cabanas. Xefatura territorial de Educación A Coruña