Participaremos na reunión da confederación Anpas Galegas

????????????????????????????????????

Representantes da federación de ANPAs da Costa da Morte asistirán á vindeira reunión de Anpas Galegas (Santiago de Compostela, venres 26 de xuño, ás 18:00h.). Aínda que será a última do curso escolar que acaba de rematar, non vai ser unha reunión de trámite burocrático administrativo que se podería pensar para a finalización do curso escolar. Este ano escolar foi ben axitado, polas consecuencias negativas da aprobación de inxustas medidas gobernamentais.

Atendendo á importancia dos puntos da orde do día que se presentarán na sesión para o seu debate, asistiremos con afán de continuar traballando – que estamos facendo moito pero queda moito por facer – e remataremos coa liquidación do orzamento do curso, como último punto da orde do día.

As concentracións a prol da gratuidade dos libros de texto e material escolar

ANPAs da Costa da MorteAnpas da Costa da Morte3ANPAs da Costa da Morte2

 

 

A Confederación Anpas Galegas, da que a nosa federación forma parte, organizou varias concentracións expansivas ao longo de todo o País.  En Compostela, Vigo, Lugo, Ferrol, Cangas, Ponteareas, Vilalba, Mos, Redondela, Cee ou Carballo tiveron lugar as concentracións para protestar polo inxusto  cambio de criterio no préstamo de libros de texto. As ANPAs da Costa da Morte afirmamos que o Ensino Público Galego é unha realidade imprescindible na nosa vida, é a garantía de que as nosas fillas e fillos teñan futuro, e que todas e todos o teñan nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos. Por iso denunciamos que o sistema imposto pola consellería de Educación non garante que todo o alumnado teña dereito a eles e queremos a volta ao sistema de  préstamo universal e gratuíto como explica

Galería de imaxes das concentracións

Manifesto para as mobilizacións do 15 de xuño

 

Concentracion Anpas Galegas1

O vindeiro luns 15 de xuño, ás 20:00 horas,  terán lugar varias concentracións ao longo do noso País nas que, ademais  de reivindicar o sistema de préstamo universal  dos libros de texto e o material escolar, se protestará pola implantación, por parte da consellería de Educación,  do sistema de axudas mínimas e o ficticio fondo solidario.

Na Costa da Morte terán lugar en Cee e Carballo, ás 20:00 horas.

Manifesto para as mobilizacións

O Ensino Público é unha realidade  imprescindible na nosa vida, é a garantía de que os nosos fillos e fillas terán futuro, e que todas e todos o terán  nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos. Para que isto sexa así nós, as familias, traballamos todos os días, para que o Ensino Público mellore constantemente e para que ninguén quede fóra del.

Nós sabemos que no Ensino Público non pode haber diferenzas porque queremos que os nosos fillos e fillas medren en igualdade,  e porque entendemos que a súa educación debe estar ao marxe das diferenzas económicas, por iso defendemos sempre que TODO o ensino público ten que ser gratuíto, e podemos dicilo e esixilo porque nós, a xente deste País, somos quen aportamos cos nosos impostos todo o diñeiro público, e debemos ser nós tamén quen decidamos en que e como se vai utilizar ese diñeiro.

Pero é necesario que aqueles a quen escollemos para que organicen a administración da vida en común actúen de acordo co que nós decidimos, porque foi para iso para o que os escollemos, e escoiten e entendan que:

  • Todos os nenos e nenas desta Nosa Terra teñen dereito a un ensino público gratuíto
  • Dentro dese ensino público gratuíto teñen que estar incluídos todos os libros de texto.
  • Identificamos libros de texto con calquera material didáctico adaptado que calquera neno ou nena poida necesitar, e reclamamos tamén a súa gratuidade.
  • Eses libros e material son de todos, e queremos recibilos só en préstamo mentres os necesiten os nosos nenos e nenas, para que logo volvan aos seguintes e así mentres sexan utilizables.

E repetímolo, por se non se nos entende:

As FAMILIAS E AS ANPA QUE FORMAMOS A FEDERACIÓN DE ANPAS DA COSTA DA MORTE E A CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS

ESIXIMOS A VOLTA A UN SISTEMA DE PRÉSTAMO UNIVERSAL E GRATUITO DO LIBROS DE TEXTO OU DO O MATERIAL QUE OS SUBSTITÚA,  SEN QUE DEPENDA DAS RENDAS DAS FAMILIAS, SENÓN QUE SEXA O MESMO PARA TODO O ALUMNADO GALEGO.

ESIXIMOS TAMÉN A GRATUIDADE ABSOLUTA, SEN QUE DEPENDA DE NINGUNHA CONDICIÓN PERSOAL NIN ECONÓMICA, DE TODO O MATERIAL DIDÁCTICO ADAPTADO QUE PRECISE CALQUERA NENO OU NENA GALEGOS.

Convocadas as concentracións para reivindicar o sistema de préstamo universal dos libros de texto e o material escolar

Concentracións 15 de xuño 2015Concentracións C Morte

 

 

 

 

 

 

 

O presidente da Confederación Anpas Galegas, Javier Sánchez, lembrou  hoxe que o vindeiro luns 15 de xuño terán lugar varias concentracións nas que, ademais  de reivindicar o sistema de préstamo universal  dos libros de texto e o material escolar, se protestará pola implantación, por parte da consellería de Educación,  do sistema de axudas mínimas e o ficticio fondo solidario. Esta mobilización, convocada pola Confederación de ANPAS galegas comezará ás 20:00 horas en varias localidades galegas, entre ela dúas da Costa da Morte (Cee e Carballo)

 

Concentracións “Pola gratuidade universal dos libros de texto” en toda Galicia organizadas pola Confederación de Anpas Galegas.

????????????????????????????????????

Aprobado na  Asemblea da Confederación de Anpas Galegas que tivo lugar en Santiago de Compostela o venres 5 de xuño de 2015.

Concentracións comarcais en toda Galicia organizadas pola Confederación de Anpas Galegas “Pola gratuidade universal dos libros de texto e material escolar”.

Día 15 de Xuño ás 20:00 horas

Rebélate contra as inxustas Ordes de libros de texto. Defende o dereito ao Ensino Público!

Concentracion Anpas Galegas1