As ANPAs da Costa da Morte estamos de eleccións

elecciós fedanpas

O 24 de abril abriuse o prazo para a presentación de candidaturas á federación de ANPAs da Costa da Morte. As eleccións teñen lugar hoxe,  sábado 30 de maio, de 17 a 19 horas no Forum de Carballo. Ao mesmo tempo, e nese mesmo horario, aquel@s delegad@s que non poidan asistir, poderán exercer o voto a través do seguinte  correo electrónico: eleccionsfedanpas@gmail.com

A mesa electoral está constituída polas seguintes persoas: Sigue lendo

Valoramos positivamente o rexeitamento á Reválida de Primaria

????????????????????????????????????

 

A federación de ANPAs da Costa da Morte que, como é coñecido, apoiou calquera decisión que as familias adoptaron para expresar o seu rexeitamento ás reválidas, mesmo a de non enviar as súas fillas e fillos ao colexio nos días programados, valora positivamente a responsabilidade das familias ao decidir, de xeito maioritario e persoal, non enviar as crianzas ao centro para que fosen etiquetadas de xeito absurdo e antipedagóxico. Sigue lendo

Convocamos asembleas abertas sobre as reválidas en varias localidades da Costa da Morte

A Costa da morte contra a LOMCE

 

A federación de ANPAs da Costa da Morte convoca asembleas abertas para nais e pais co obxectivo de informar sobre as reválidas.

Nestas reunións contaremos coa presenza de integrantes do sindicato maioritario no Ensino Público Galego,  CIG Ensino, que amosaron a vontade de colaborar con nós para explicar o desenvolvemento da orde de aplicación das reválidas e solventar as dúbidas que poidan xurdir.

As ANPAs da Costa da Morte afirmamos que non hai ningunha razón que xustifique que unha nena ou  neno de 8 anos teña que pasar a presión dunha proba sobre materia que non coñece e que non vai servir absolutamente para nada, que non achega nada e que non lle serve a ninguén. Sigue lendo

Rexeitamos a Reválida de 3º de Primaria

REVÁLIDA

 

 

 

 

A Federación de ANPAs da Costa da Morte, integrante da Confederación ANPAS GALEGAS, oponse á realización da Reválida de 3º de Primaria (27 e 28 de maio) e apoia calquera decisión das familias que exprese o seu rexeitamento a esta proba, mesmo a de non enviar aos seus fillos e fillas ao colexio nos días nos que se programe.

CARTA CANCELACIÓN DATOS PERSOAIS PARA FAMILIAS DE 3º

CARTA REXEITAMENTO PARA TODAS AS FAMILIAS

Qué é a avaliación de 3º de primaria?

 

Cartaz coa Proposta da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

Cartaz da Plataforma