Apoiamos a mobilización estudantil do 26F

Un claro NON aos recortes educativos na Costa da Morte

 

A federación de ANPAs da Costa da Morte apoia as mobilizacións do 26F organizada por diferentes colectivos estudantís galegos, onde o alumnado de ensino medio, universidade e dos ciclos de formación profesional están chamados a secundar a folga que terá lugar este próximo xoves 26 de febreiro.

Coincidimos con estes colectivos en que as políticas dos gobernos da Xunta e de Madrid non traen máis que recortes, miseria e falta de expectativas de futuro. Son os motivos que obrigan ao alumnado a saír á rúa e mobilizarse para parar os ataques que dende os gobernos central e autonómico se levan a cabo contra o Ensino Público: os recortes na educación,  en bolsas de estudos, a masificación das aulas, a aplicación da LOMCE, a precarización da situación laboral do profesorado para desmotivalo  ou as modificacións dos graos na universidade para dificultar o acceso ao ensino superior, ou impedirllo a quen non teña unha situación económica suficientemente desenvolvida.

Por iso, como nais e pais, reivindicamos un ensino público de calidade e gratuíto, facemos unha chamada á participación do alumnado xa que, coa mobilización amósase o rexeitamento maioritario ás políticas educativas  que pretende acabar co Ensino Público Galego e que eliminan a igualdade de oportunidades debido á mercantilización da educación.

II edición dos premios Ensino Público das ANPAs da Costa da Morte

Vídeo

Programa de Actividades:

Xornada Ensino Público ANPAs da Costa da Morte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANPAs da Costa da Morte

Intercambios educativos na Costa da Morte

Intercambio Cee

 

Comezou a etapa da realización de programas de  intercambios na Costa da Morte. Hoxe, a ANPA do IES Agra de Raíces de Cee enviounos información do  intercambio escolar do seu centro, que atinxe tanto ao alumnado, como ás familias e ao profesorado.

Estes intercambios  xogan un papel importante, non só na axuda da aprendizaxe de linguas estranxeiras, senón tamén na posible posta en marcha de proxectos educativos conxuntos. Correspóndelle tanto a alumnos como a docentes e permítelles implicarse nun proxecto interdisciplinar unindo a toda a comunidade educativa.

Onte foi a recepción no centro educativo e hoxe tiveron o recibimento no concello.

Podes clicar aquí  para acceder á imaxes.