As razóns da concesión dos Premios Rosalía e Werto

camiseta federación de ANPAs da Costa da Morte

As razóns da concesión do premio Rosalía en defensa do Ensino Público a Aloumiños

As razóns da concesión do premio Werto en contra do Ensino Público ao conselleiro

 

Premios Ensino Público das ANPAs da Costa da Morte

 

Premio werto en contra do Ensino Público - copiaPremio Rosalía en defensa do Ensino Público

Na reunión extraordinaria que tivo lugar onte, a federación de ANPAs da Costa da Morte outorgou o premio Rosalía en defensa do Ensino Público e o premio  Werto en contra do Ensino Público.

O premio Rosalía (en defensa do Ensino Público) foi concedido á asociación de NEAE Aloumiños, da Costa da Morte. Este premio pretende homenaxear aquelas agrupacións, colectivos…que loitan pola defensa do Ensino Público, tendo en conta a dificultade no desenvolvemento das súas actividades.

O premio Werto (en contra do Ensino Público) foi concedido ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad. Este premio quere amosar os “méritos” daqueles grupos, individuos ou colectivos…que atacan ao Ensino Público, que degradan a súa calidade, ou aproban leis para o seu desmantelamento.

Rosalía e Werto serán entregados o sábado 28 de febreiro, ás 18:45 horas, ao remate da xornada de formación da federación de ANPAs da Costa da Morte, que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo.

No peche do acto contaremos cunha actuación chea de poesía, música e humor a cargo das artistas María Lado e Lucía Aldao.

Asemblea de ANPAs en Vimianzo

pazo da cultura de Vimianzo

Data: xoves 22 de xaneiro.

Horario:  20:30 h.

Lugar: baixo  do concello de Vimianzo

Orde do día:

  • Propostas, debate e aprobación dos Premios Rosalía e Werto
  • Proposta para a xornada de formación de Carballo e entrega de premios. Debate de contidos e xornadas de formación de Vimianzo e Muxía.
  • Proposta de participación na mobilización do 8 de febreiro de Queremos Galego en Santiago de Compostela coa Confederación de Anpas Galegas.
  • Entrega de datos ANPAs.
  • Varios.

Os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2015 persisten no desmantelamento do ensino público e na desigualdade de oportunidades

 

Rolda de prensa

 

 

 

 

 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou hoxe, martes 13 de xaneiro, en rolda de prensa que os orzamentos da Consellaría de Educación para o 2015 no canto de mitigar as desigualdades sociais, acrecéntaas, porque non recollen os investimentos necesarios para garantir a igualdade de oportunidades e o dereito á educación. Na rolda de prensa participaron en representación da PGDEP Fernando Lacaci, Anxo Louzao, Cosme Pombo,  Sonia García e Alberto Oubiña. Sigue lendo

Ponencia sobre o TEA (Trastorno do Espectro Autista)

Aloumiños TEA 1

Este venres, 9 de xaneiro, a Asociación ALOUMIÑOS retomou as charlas do programa de educación para a diversidade, que veñen celebrando desde o 19 de decembro de 2014 e se estenderán ata o 10 de abril de 2015.

Nesta ocasión a ponencia foi a cargo de Mónica Vilameá Pérez e Iria Botana Lois (logopedas e profesoras asociadas da UDC). A charla versou sobre diferentes aspectos do TEA, especialmente do síndrome de Asperger, do que ofreceron diversos exemplos e vídeos explicativos.

Membros de diferentes ANPAS da Costa da Morte estiveron presentes nesta xornada que tivo una gran asistencia. Unha vez máis desde a Federación de ANPAS da Costa da Morte reiteramos o noso apoio a ALOUMIÑOS. Noraboa!