Feliz 2015, sr. conselleiro

Feliz 2015

Está rematando o 2014, que foi para a Confederación de ANPAS GALEGAS (a maior confederación de ANPAs de Galiza) o  primeiro ano completo de andaina; e quizais, sería ben facer unha listaxe de logros e preocupacións, debullar o ano case rematado botando unha ollada a tanto traballo feito, a tanto esforzo dedicado ao ensino público, a tanto cariño directa e indirectamente entregado aos máis novos para que medren nun mundo mellor, construído tamén por eles mesmos. Seguir lendo

Resumo do traballo desenvolto ao longo deste ano 2014

Música e Letras contra a LOMCE

Resumimos nestas liñas, pouco máis que en titulares, as actividades que, ao longo deste ano 2014, foron desenvolvidas, en colaboración, organizadas ou mesmo como asistentes a xornadas de formación necesarias para poder realizar con eficiencia a nosa labor.
Realmente foi un traballo inxente pero, ao contrario do que se poda pensar, motiva!

Deste exito, rematamos o 2014 botando unha ollada ao traballo feito, a tanto esforzo dedicado ao Ensino Público. Se algo pretendiamos, foi  loitar na defensa do Ensino Público Galego no noso ámbito de actuación, na Costa da Morte. E, nas nosas posibilidades,  así continuaremos no ano que esta a piques de aparecer.
Para acceder a máis datos chega con clicar nas ligazóns. Sigue lendo

Son os orzamentos 2015 da consellaría de Educación ou da brigada de desmantelamento do Ensino Público?

orzamento-2015-Xunta

Consideramos que os recentemente aprobados orzamentos 2015 da consellaría de Educación da Xunta de Galicia representan a unha perigosa brigada de desmantelamento do Ensino Público.

Por poñer un exemplo, no ano 2008 o capítulo correspondente aos orzamentos da consellaría de Educación  representaban ao redor do 27% dos orzamentos totais aprobados pola administración autonómica. Para o ano 2015 o orzamento dedicado ao Ensino Público Galego (de todas e todos) quédanse no 21.9% da totalidade, algo incomprensible, cando se lle dedican outros 236,6 millóns de euros máis ás empresas privadas de ensino concertado (duns poucos). Neste último caso si que está xeneroso o actual goberno galego. Sigue lendo

Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade na Costa da Morte

???????????????????????????????

Ás 20:00 h. no salón de actos do Forum do concello de Carballo, dou comezo a primeira conferencia do programa. Pamela Cundíns (logopeda de ASPACE) e Sandra Mosquera Paredes (educadora social, psicopedagoga e master en Psicoloxía Aplicada) falaron sobre a Parálise Cerebral Infantil: etioloxía/diagnóstico e intervención.

A seguinte xornada “TEA, etioloxía, diagnóstico, tratamento e curso do trastorno” terá lugar o venres 9 de xaneiro.

Programa completo: programa UDC

Podes acceder a máis datos na páxina da asociación Aloumiños Sigue lendo

Última reunión do ano 2014 das ANPAs da Costa da Morte

Aniversario e premios ensino

LUGAR: PAZO DA CULTURA DE CARBALLO

DIA: 17 de decembro (mércores)

HORA: 19:30h.

AULA:  aula 4 do segundo andar do Pazo da Cultura.

Puntos da orde do día: Sigue lendo