Non calamos. As familias queremos solucións xustas para as nosas fillas e fillos!

 

DSC_0006-copia

 

 

 

 

 

 

 

Na federación de ANPAs da Costa da Morte recibimos numerosas queixas das ANPAs dos diversos concellos das  comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, como Laxe, Camariñas, Coristanco, A Laracha, Fisterra, Malpica, Ponteceso, Vimianzo, Cabana, Carballo, entre outras localidades, debido aos recortes en profesorado. A estes, súmanse os recortes en atención á diversidade, xa que a Consellaría reduce o profesorado con contratos a tempo total de Pedagoxía Terapeútica, Audición e Linguaxe e Orientación ao suprimir prazas e optar por un sistema de mantemento de docentes itinerantes que teñen que compartir docencia en varios centros, o que vai impedir atender adecuadamente ao alumnado. Sigue lendo

A posta en común das federacións de Anpas Galegas en Vigo

Anpas Galegas en Vigo2

 

A directiva da Confederación ANPAS GALEGAS reunímonos en Vigo este 25 de outubro dun xeito distinto ao que acostumamos xuntarnos, variamos a sede (as reunións ordinarias son en Compostela), a duración e os contidos. A reunión alongouse  toda a xornada, cun pequeno descanso para xantar, e na que se falou de todos os temas que están actualmente nas preocupacións das federacións participantes, e das súas anpas asociadas. Sigue lendo

Aprender para Educar, xornadas de formación para nais e pais

DSC_0749

O pasado venres, 10 de outubro presentamos publicamente as xornadas APRENDER PARA EDUCAR organizada pola AS-PG e que conta coa colaboración das ANPAs da Costa da Morte e a deputación da Coruña.  Na rolda de prensa contamos coa presenza de Xoán Costas, presidente da AS-PG, quen explicou como se desenvolverán e en que consistirán as xornadas.

Cronoloxía, lugares e contido das xornadas aparecen a continuación: Sigue lendo

Reunión da federación de ANPAs da Costa da Morte

asemblea de anpas da Costa da Morte

 

 

 

 

 

 

DIA: 9  de outubro (xoves)

HORA: 19:30h

 LOCAL: Pazo da Cultura de Carballo.

–          Comezamos de novo. Curso escolar 2014 – 2015. A situación dos centros educativos na Costa da Morte: necesidades detectadas.

–          Xornadas Aprender para Educar coa ASPG.

–        O comezo do curso escolar e a accesibilidade.

–          Resultados da visita ao Parlamento Galego.

–          A normativa sobre achegas voluntarias para comedores escolares.

–         Curso de  formación para ANPAs

–          Eleccións Consellos Escolares

–          Varios, rogos e preguntas.