Apertura de comedores escolares no verán ou tratamento integral da situación familiar?

Comedores de verán

Nestes últimos días estase a debater nos medios de comunicación sobre a conveniencia dunha iniciativa, que aparenta xurdir por moitas vías, que pretende conseguir que os comedores escolares abran durante o verán para “paliar a fame infantil”.

As opinións que se van vertendo semellan polarizar aos representantes sociais en dous bandos diferentes: Sigue lendo

Moción sobre o sistema de préstamo universal de libros de texto.

IMG_3226 - copiaPoñemos unha ligazón ao acto de entrega, no rexistro do concello de Ferrol, da moción de ANPAS GALEGAS onde se solicita  a volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.  Tamén engadimos a galería de imaxes da presentación da moción. Sigue lendo

Prefires a “gratuidade solidaria” ou o sistema universal de libros de préstamo e material escolar?

 

orzamento 2014 Xunta

Xunta de Galiza estase equivocando co sistema que quere aplicar para a obtención dos libros de texto pois, cos mesmos cartos que o actual goberno da Xunta lle dedica á chamada “gratuidade solidaria”, o anterior goberno bipartito chegaba ao 100% do alumnado dos centros de ensino, co sistema universal de libros de préstamo e material escolar. O sistema proposto polo actual goberno galego (gratuidade solidaria) só dá cobertura a unha limitada porcentaxe do alumnado e produce unha boa liada co banco de libros. Sigue lendo

A carta – mural contra a LOMCE nas mobilizacións do 4 de xuño

DSC_0006 - copiaA Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a federación de ANPAs da Costa da Morte, convocou o 4 de xuño, en toda Galiza, novas mobilizacións contra a LOMCE e contra os recortes no Ensino Público.  O acto reivindicativo na Costa da Morte tivo lugar en Cee e Carballo, á mesma hora que nas sete grandes cidades e diferentes vilas galegas.

Tanto en Carballo como en Cee (cabeceiras de comarca) escribimos unha carta ao goberno (nun “folio” dun tamaño 5×6 metros) que foi redactada polas persoas presentes na concentración. Nesta carta expresaremos  a nosa preocupación pola implantación da LOMCE  e as repercusións negativas que pode ter na calidade do ensino no noso país e na formación do noso alumnado. Sigue lendo