Novas mobilizacións na Costa da Morte contra a LOMCE e contra os recortes no Ensino Público

Cartaz 4 de Xuño - copia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A  Federación de ANPAs da Costa da Morte,  como integrante da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público,  convoca para o 4 de xuño novas mobilizacións contra a LOMCE e contra os recortes no Ensino Público.  O vindeiro acto reivindicativo, na Costa da Morte, terá lugar en Cee e Carballo, ás 19:30 horas. Sigue lendo

Así foi o II encontro de ANPAS GALEGAS

DSC_0077 - copia

Foi un intenso encontro de formación e confraternización, unha xusta mestura de razón e sentimento positivo para compartir entre todas e todos.

Unha xornada que comezou chea de ilusión pola nosa parte e que non defraudou as expectativas. Como subliñaron @s representantes das diversas federacións de ANPAs asistentes, estivo interesante, variada e divertida, como esperabamos, tamén hai que dicilo!!! Ademais conseguimos o obxectivo de facelas voltar á Costa da Morte, pois quedou moito por ver.

Para saber sobre o II encontro de ANPAS GALEGAS máis clica aquí

Asistimos ás xornadas de Formación e Sensibilización sobre a atención á diversidade das ANPAs de Betanzos

Diversidade 1

Asistimos ás xornadas de Formación e Sensibilización sobre a atención á diversidade de Betanzos, organizada polas ANPA Brigantium  e o CEIP Francisco Vales Villamarín, xunto coa ANPA O Carregal e o IES Francisco Aguiar. Estas xornadas están patrocinadas polo Concello de Betanzos.

As xornadas tiveron lugar o 9 e 10 de maio de 2014 co obxectivo de formar e informar á comunidade educativa sobre os modelos e perspectivas inclusivas máis axeitadas para atender á diversidade do alumnado. Sigue lendo

Reunión da federación de ANPAs da Costa da Morte (martes 13 de maio, ás 20:00 h) en Carballo

Música e Letras contra a LOMCE

Reunión da federación de ANPAs da Costa da Morte (martes 13 de maio, ás 20:00 h)  no Pazo da Cultura de Carballo para tratar, entre outros, os seguintes temas:

1-          Debate e aprobación da acta da sesión anterior.

2-         Aprobación de integración de novas ANPAs.

3-        II Xuntanza de Anpas Galegas do 24 de maio a desenvolver en Vimianzo.

4-          Sistema de préstamo universal de libros de texto.

5-          Trámites para a organización das xornadas NEAE.

6-          Achega de criterios para a creación da comisión NEAE.

7-          A situación dos comedores escolares.

8-          Varios.