Xornadas Forem-Fórum en Carballo

Forem Forum

Dende a Federación de Anpas da Costa da Morte, achegamos información sobre o II Foro da Formación e a Empresa,  para o alumnado e as familias de 3º e 4º da ESO e Bacharelato.

Terá lugar en Carballo os días 24 e 25 de abril e está organizado por:

– concello de Carballo.

–  IES de Carballo: Alfredo Brañas, Monte Neme e Isidro Parga Pondal. Sigue lendo

O plan de mellora de bibliotecas escolares da Xunta educa na desigualdade

BIBLIOTECA-ESCOLAR

Saíu publicada a ORDE do 25 de marzo de 2014 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2014/15.

Como se recolle na orde, segundo prevé a LOE no seu artigo 112, correspóndelles ás administracións educativas dotar os centros públicos dos medios materiais e humanos necesarios para ofrecer unha educación de calidade e garantir a igualdade de oportunidades na educación.

Mais, co sistema de competición entre centros escollido pola consellaría de Educación, moitos centros escolares quedarán sen as axudas para a mellora das súas bibliotecas, o que redundará nunha merma de dereitos á igualdade de oportunidades educativas do alumnado alí matriculado.

Cal é a razón de que a Xunta opte, outra vez máis, por un sistema que obriga a competir aos centros entre si para recibir as axudas, cando todas as bibliotecas dos centros de Ensino Público deberían recibir os suficientes fondos para a súa dotación e, dese xeito, todo o alumnado poda ter idénticas oportunidades? Sigue lendo

Acordos adoptados na reunión das Anpas da Costa da Morte deste pasado fin de semana en Vimianzo:

??????????????????????

–          Comezar a recollida dos certificados das ANPAs sobre a campaña da gratuidade dos libros de texto e todo o material escolar  na  Costa da Morte.

–          Remitir comunicados ás familias para que participen nas Xornadas Forem-Fórum organizadas polos centros de Ensino Público das comarcas, a realizar en Carballo. Estas xornadas serven de escaparate para ver a oferta educativa post-obrigatoria e as saídas laborais das comarcas da Costa da Morte. En vindeiras datas a federación enviará comunicados ás ANPAs con máis información para remitir ás familias, pois son os destinatarios das devanditas xornadas.

–          Realizar a II Xuntanza de Anpas Galegas (24 de maio de 2014) en Vimianzo  que abarcaría os apartados de xestión,   lexislación, funcionamento, normativas, obrigas fiscais, contabilidade…); Charla sobre a LOMCE (como quedará  a súa aplicación práctica no Ensino Público); Visita ao Castelo de Vimianzo con actividade teatralizada;  Roteiro pola Costa da Morte.

–          Comezar os contactos para organizar unhas xornadas NEAE a principios do vindeiro curso escolar (setembro) sobre Necesidades Específicas e Atención Educativa con diversos colectivos, profesionais, familias,… con ampla experiencia neste tema.

 

 

Xornadas de Inclusión Educativa FOANPAs

Xornadas NEAE en Vigo

Este pasado sábado, 5 de abril, asistimos ás xornadas que organiza cada ano FOANPAs  de Vigo (a federación de ANPAs de Vigo e comarca, integrada na Confederación de Anpas Galegas).

Debatemos, despois das diversas exposicións,  coas compañeiras e compañeiros de Anpas Compostela,  da federación provincial de Lugo, do Val Miñor e Foanpas – asistentes e organizadora, respectivamente – das ponencias de inclusión educativa- da atención á diversidade, como conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais do alumnado. Sigue lendo

11 de abril. Reunión das Anpas da Costa da Morte

Aniversario e premios ensino

Queda convocada  a reunión da federación de Anpas da Costa da Morte  para o venres 11 de abril, ás 20:30 h  no Pazo da Cultura de Vimianzo para tratar, entre outros temas:

A –              II Xuntanza de Anpas Galegas.  Acto a nivel galego que organizaremos nesta ocasión na Costa da Morte que incluirá, entre outras actividades, a:

–              “Realización da Xornada de Formación de ANPAs, que abarcaría os apartados de xestión,  lexislación, funcionamento, normativas, obrigas fiscais, contabilidade…).

–              Charla sobre a LOMCE, como quedará  a súa aplicación práctica no Ensino Público.

–              Roteiro pola Costa da Morte.

–              Participación de todas as Federacións de Anpas Galegas.

B-              Campaña para relanzar, ao longo da Costa da Morte a permanente reivindicación da gratuidade de todo o material escolar, e moi en concreto dos libros de texto.

C-              Debate sobre xornadas NEE sobre Necesidades Educativas Específicas con colectivos de ampla experiencia neste tema.

D-               Participación nas Xornadas Forem-Forum en Carballo. Xornadas que serven de escaparate para ver a oferta educativa post-obrigatoria e as saídas laborais da comarca.

E-              Varios.

F-              Rogos e Preguntas