Continuamos coa permanente reivindicación da gratuidade dos libros de texto e material escolar

Reunión en Vimianzo da federación de Anpas da Costa da Morte

Continuamos na federación de Anpas da Costa da Morte, como integrante da  Confederación de Anpas Galegas, coa intensa campaña para relanzar, ao longo da Costa da Morte e en todo o País,  a permanente reivindicación da gratuidade de todo o material escolar, e moi en concreto dos libros de texto, no ensino obrigatorio así como a aposta polo sistema de préstamo como fórmula para artellar o uso de libros de texto na nosa Comunidade. Sigue lendo

Xornadas de atención á diversidade 2014

diversidade

A atención á diversidade é o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais do alumnado.

Animámosvos a inscribirvos nas xornadas que organiza FOANPAs de Vigo, o 5 de abril en Vigo, e as ANPAs Brigantium e Carregal de Betanzos os días 9 e 10 de maio. Sigue lendo

Convocatoria para familias con nen@s con necesidade específica

Imaxe NEECONVOCATORIA PARA TODAS AS NAIS E PAIS DE NENAS E NENOS CON ALGÚN TIPO DE NECESIDADE ESPECÍFICA.

Sábado 29 de marzo no Pazo da Cultura de Carballo, a partir das 17:30 h.

Convócase  a todas as nais e pais de nen@s con algunha necesidade específica para a creación dunha asociación que defenda os intereses do alumnado e as súas familias.

Para máis información  podedes enviar un correo a alouminosparanenes@gmail.com ou contactar no tlfno.639 887 508

Sobre os deberes para a casa

DeberesA lexislación autonómica galega vixente (Orde 22/7/1997) prohibe os deberes en infantil e primeiro ciclo de primaria e redúceos a casos excepcionais  e de forma ocasional en segundo e terceiro ciclo. Na práctica, e a pesar da lexislación, as tarefas para casa están á orde do día na maioría dos centros educativos, na actualidade.

Pero unha noticia que saíu na prensa sobre este tema é que se anunciou unha futura normativa pola que se dará vía libre aos centros educativos para decidir se mandan deberes para casa ou non.

Haberá axiña novas disposicións legais? O tempo dirá…

Esta é a lexislación actual:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1997/19970902/AnuncioAD56_es.html

Os efectos da LOMCE nos centros de ensino: sen contar coas familias e poñendo a dedo ás direccións

Nova lei LOMCEDende o momento no que apareceu o primeiro anteproxecto do que hoxe é a LOMCE, as asociacións de nais e pais de alumnos dixemos sempre que esta Lei pretendía botar ás familias fóra dos centros educativos. Agora, coa lei xa aprobada, imos ir comprobando, paseniñamente, como aqueles primeiros ditos estanse convertindo en realidades e como está afectando ás familias. Mais non somos só as familias as que estamos privados de dereitos. Tamén o sistema de elección de director@s dos centros, que apareceu bocexada estes días, está limitar os dereitos democráticos e educativos en toda a comunidade escolar.

Compartimos ao 100% a proposta da Confederación de Anpas Galegas de que non existan candidaturas que non veñan avaladas pola comunidade escolar no seu conxunto.