Campaña 2014 de reivindicación da gratuidade dos libros de texto e material escolar

lgrupos2lgrupos1Acordamos na última xuntanza das ANPAs da Costa da Morte iniciar unha campaña,  promovida pola federación de Anpas Galegas, para relanzar a permanente reivindicación da gratuidade de todo o material escolar, e moi en concreto dos libros de texto, no ensino obrigatorio así como a aposta polo sistema de préstamo como fórmula para artellar o uso de libros de texto na nosa Comunidade.

Nós entendemos o ensino obrigatorio como unha incuestionábel responsabilidade social, como unha conquista histórica que debemos aprezar dun xeito distinguido. E esa especial atención tense que materializar na presenza de todas as facilidades necesarias para que toda a infancia e toda a xuventude teñan os medios abondos para aproveitar e se beneficiar deste esforzo conxunto.

Defendemos a absoluta, completa e universal gratuidade de todo o ensino público obrigatorio, e de todo o material que ese ensino precise; e asumimos totalmente o informe de outubro de 2013 da Defensora del Pueblo, Soledad Becerril (que nos dá a razón nas nosas esixencias): A Constitución non só define o ensino básico como gratuíto, senón tamén como obrigatorio. E do estabelecemento dese deber constitucional ten que se deducir o correlativo deber público de proporcionar todos os medios imprescindibles para que poida ser cumprido.

Por iso, imos comezar unha campaña de demanda social na que as asociacións de nais e pais de alumnos deste País, diremos publicamente que queremos que sexa a administración educativa galega quen proporcione os libros de texto, e esixiremos que o faga sen subvencións nin cheques, senón mediante un sistema de préstamo que, ademais de asumir a obriga pública de facilitar que o ensino obrigatorio sexa gratuíto, participe tamén na difusión dos valores da reciclaxe, do coidado e do traballo en equipo entre a nosa xuventude.

Parágrafo do correo que nos envía un amigo das ANPAs da Costa da Morte.

Parágrafo da carta dun amigo á federación sobre o aniversario da federación das ANPAs da Costa da Morte:DSC_0002 - copia

Podo imaxinar o que debe ser estar no medio da xente que tanto vos aprecia. E diso houbo moito no aniversario da federación. Amigas e amigos vidos de todas partes de Galiza achegáronse e amosaron a súa admiración e cariño pola federación da Costa da Morte. Trouxeron bicos, apertas, palabras bonitas, poemas, risas, complicidades, empatía e até algún agasallo.

 Non sei se o camiño andado merecerá a pena simplemente polas mostras de cariño, pero o que si sei é que tiña pinta de ser un camiño moi bonito. Camiño andado. Camiño vivido. Camiño por andar. E leguas de camiño por vivir na Defensa do Ensino Público Galego.

Parágrafo do correo que nos envía un amigo das ANPAs da Costa da Morte.

Aniversario da federación de ANPAs da Costa da Morte e entega de Premios Rosalía e Werto.

Aniversario e premios ensino

Galería de imaxes.

Un ano de existencia

Nun dinámico e emotivo acto, tivo lugar o acto de celebración do primeiro aniversario das ANPAs da Costa da Morte no Pazo de Cultura de Carballo.

Fixo de mestra de cerimonias a compañeira da ANPA de Sardiñeiro (Fisterra), Consuelo Lestón, que agradeceu a presenza de todas as persoas e colectivos por acompañarnos nesta celebración.

Subliñou Consuelo que as ANPAs da Costa da Morte quixemos compartir a satisfacción do traballo feito e cargar as pilas para enfrontar o moito que queda por facer, nestes tempos en que o Ensino Público recibe ataques sen precedentes daqueles que o ven como un negocio e non como un dereito de todas as nenas e nenos. A nós, como nais e pais, tócanos a tarefa de defendelo – indicou a presidenta da ANPA de Sardiñeiro. Sigue lendo

As Anpas da Costa da Morte na Universidade da Coruña

debate sobre o Ensino público na UDC

Participamos na mesa redonda na UDC sobre a autonomía pedagóxica: Calidade e Xestión Democrática (das xornadas da NEG)

Integrantes:

Emilio González Legaspi, exdirector do IES do San Cibrao

– Juan José Félez, exdirector do CEIP Anxo da Guarda da Coruña

– Xosé Antón de la Fuente Subiela, Anpas da Costa da Morte (integrante da Confederación de Anpas Galegas)

– Moderador: Xosé Lastra Muruais, vicepresidente de NEG.

A visión das Anpas da Costa da Morte:

A ANPAs levamos realizando un traballo intenso, debido aos constantes ataques ao Ensino Público Galego que, ultimamente, estamos a sufrir.

A lista de agravios é longa:

Recortes á presenza da nosa lingua, aos dereitos lingüísticos básicos dun pobo, coa aplicación do Decreto de Plurilingüísmo que impide que as Matemáticas, a Tecnoloxía ou a Física se impartan en galego. Nais e pais non dabamos creto a que se retiraran milleiros de libros de texto de préstamo en vixencia só polo feito de estaren escritos en galego.

Recortes de profesorado, e outro persoal  como as coidadoras para alumnado con dependencia.

A eliminación do sistema de gratuidade de libros de texto.

O decreto de comedores.

– Os recortes en bolsas de estudos, …

E agora a LOMCE, que seica viña para incrementar a calidade do Ensino e aumentar a autonomía dos centros. Sigue lendo

Un ano de existencia, un ano de resistencia

Acto do I aniversario da federación de ANPAs da Costa da Morte

       A-     Horario de comezo, día, duración e lugar do acto:

–   6 da tarde do 22 de febreiro de 2014. Duración aproximada: entre  60-90 minutos. Salón de actos (2º andar) do Pazo da Cultura de Carballo.

       B-  Temporalización do acto:

B1- Presentación  oficial do acto do aniversario das ANPAs da Costa da Morte.

B2– Benvida do alcalde de Carballo.

B3– Exposición audiovisual 1 ano de existencia das ANPAs da Costa da Morte.

B4– Presentación e entrega dos premios Ensino Público, Rosalía e Werto.

B5– Remate do acto  coa actuación da monologuista  Cristina Moreira.