Acto aniversario da Federación de Anpas da Costa da Morte e premios Ensino Público

volantina

 Aniversario e Premios Ensino Público.

A. Aniversario

Vai facer un ano que as ANPAs das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, Costa da Morte demos o  paso para constituírnos en federación de ANPAs de centros públicos da Costa da Morte. Dese xeito quixemos fortalecer o movemento asociativo de ANPAs, no obxectivo de que a educación que deba recibir o alumnado das nosas comarcas non perda calidade e para que o conxunto da cidadanía, que está a sufrir a crise, non se vexa privada dos seus dereitos. Sigue lendo

Acordos adoptados na reunión do 24 de xaneiro de 2.014

Reunión en Vimianzo da federación de Anpas da Costa da Morte

Este venres 24 de xaneiro, no Pazo da Cultura de Vimianzo, tivo lugar unha reunión da federación de ANPAs da Costa da Morte, con comezo ás 20:30 horas e remate ás 11:30.

Na Orde do Día debatéronse os seguintes puntos:

1-    Estado de contas.

Fíxose un balance  do estado de contas da federación de ANPAs para a posterior aprobación na seguinte reunión.

2-    Incorporación de nova ANPA na federación de Anpas da Costa da Morte.

Coa incorporación da ANPA Alén de Corcubión, ao redor do 100% das ANPAs da Costa da Morte están integradas na nosa federación. Sigue lendo

Os novos curriculos LOMCE van este mes ao Consello Escolar do Estado

Nooon!O Ministerio de Educación levará á Permanente do Consello Escolar do Estado o vindeiro 30 de xaneiro os novos curriculos da LOMCE, esa contrarreforma educativa reaccionaria, clasista, españolizadora, privatizadora, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades, que expulsará do ensino ao alumnado con menos recursos, e mesmo pretende rebaixar a calidade educativa que o alumnado galego está a recibir na actualidade.

Nesta ligazón podes acceder aos borradores dos currículos e ao proxecto de Real Decreto polo que se establece o currículo básico da Educación Primaria, da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato.

Reunión, en Vimianzo, da federación de ANPAs da Costa da Morte

pazo da cultura de Vimianzo

1- Estado de contas.

2- Incorporación de  ANPAs  na federación de Anpas da Costa da Morte.

3- Solicitude a presentar en todos os consellos escolares dos centros educativos públicos para que a consellaría de educación retome o sistema de préstamo que erroneamente abandonaron.

4- Convocatoria de  folga estudantil do  20 de febreiro.

5- Convocatoria  da Alianza Social Galega.

6- Presentación da federación nas comarcas da Costa da Morte.

7- Datos necesarios para formalizar o ingreso de novas ANPAs da federación da Costa da Morte.

8- Formalización do Ingreso na Confederación de Anpas Galegas.

9- Varios.

Libros de texto e material escolar: esiximos a volta ao sistema de préstamo universal.

libros de texto

Todo o Ensino Público e os seus servizos complementarios deben ser sufragados integramente con fondos públicosestamos a falar, obviamente, de libros de texto, mais tamén falamos de calquera material necesario para a educación obrigatoria.

Non contabamos no momento de se facer o manifesto de todas as federacións da Confederación de Anpas Galegas, coa mimética opinión da Defensora del Pueblo, Dª Soledad Becerril, que no seu informe de outubro de 2013 di:

“El Defensor del Pueblo entiende que el carácter gratuito de la enseñanza en los niveles educativos obligatorios constituye un instrumento dirigido a garantizar el acceso de todos a tales estudios, y considera por ello que dicho carácter gratuito debería hacerse extensivo a los libros de texto o material didáctico utilizados para cursar los referidos niveles, lo que exige medidas que hagan posible el acceso de los alumnos a los mismos sin coste alguno”

Estamos ou non a dicir o mesmo?  Xa non somos familias que queremos subvencións, pedichóns que pretenden esgotar o xa moi esgotado erario público, resulta que a mesmísima Defensora do Pobo, que non é moi sospeitosa de ser contraria ao goberno do estado (á vista do seu curriculum político), tamén opina o mesmo. E logo, que ocorre? pois o de sempre: Sigue lendo