Presentación Pública de Anpas Galegas

Sinala o presidente de Anpas Galegas, na entrevista de RadioFusión  que o obxectivo principal da confederación (na que está asociada a  federación de ANPAs da Costa da Morte) é que todo o traballo conxunto, que desde hai anos vimos realizando as diferentes federacións locais, comarcais e provinciais da comunidade teña repercusión a nivel galego. “Levabamos traballando xuntas desde hai varios anos, con contactos periódicos e actuacións conxuntas, polo que decidimos unirnos e facer unha soa voz ante as administracións e ante a sociedade en xeral”.

Así o explica Javier Sánchez, presidente da Confederación de Anpas Galegas, tamén no Diario de Ferrol.

 

Estamos pechando o ano 2.013 e case temos un ano de existencia oficial

Mobilizacións 9 de maio contra a LOMCE2Está pechando o ano 2.013 e este é un bo momento para lembrar os pasos que demos para chegar ao momento no que, actualmente, estamos na Federación de ANPAs da Costa da Morte.

Lembremos as poucas que eramos no proceso constituínte da federación e a día de hoxe triplicamos o número de ANPAs asociadas. As que estamos colaborando, traballando de xeito cooperativo en defensa do Ensino Público e loitando para que as nosas fillas e fillos teñan dereito a unha educación pública de calidade nas nosas comarcas.

Nos 200 artigos da nosa páxina electrónica (www.fedanpas.org) aparecen as diversas actividades das que participamos ou organizamos, desde o principio do noso proceso constituínte.

Por último reiteramos o desexo dun Bo Nadal e que descansedes o que poidades para comezar un novo ano loitando por un mundo máis solidario, máis xusto e con máis recursos para o Ensino Público Galego.

Aquí temos un pequeniño resumo do realizado até o momento: Sigue lendo

E axiña comezarán as mobilizacións en contra dos recortes no Ensino Público na Costa da Morte…

Un claro NON aos recortes educativos na Costa da Morte

 

Como tod@s sabedes, desde hai uns anos no Ensino Público Galego  estamos a sufrir uns recortes tremendos por unha mala praxe política do goberno galego. Empezouse polo profesorado, continuouse cos especialistas en AL e PT (Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica), agora tocoulle a quenda ao persoal non docente (comezando pol@s coidador@s). @s coidador@s son profesionais que se dedican a “coidar” do alumnado con algún tipo de discapacidade (en cadeira de rodas, con problemas para camiñar e/ou con diferentes síndromes), en actividades básicas da vida diaria como son: desprazarse dentro do centro, comer, asearse, recreos e saídas… Sigue lendo

Incineramos a LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, na que está integrada a nosa federación de Anpas, realizou este mércores 18 de decembro un acto simbólico na Consellería de Educación no que queimou a LOMCE. Posteriormente, rematada a rolda de prensa, @s compañeir@s representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregáronlle as cinzas no Rexistro da Xunta dirixidas ao conselleiro e acompañadas dun escrito no que se denunciaba a súa actitude no proceso de aprobación da LOMCE.