Nen unha máis!

Galería de fotos

Comunicado da organización de mulleres feministas na Costa da Morte Buserana:

Hoxe, 25 de Novembro, queremos lembrar aquí as mulleres asasinadas neste ano, a todas as que sofren o maltrato e non son quen de saír del, e tamén a todas as que tiveron as forzas e mais os apoios precisos para acadar ter unha nova vida lonxe da violencia. Non esquezamos que case medio millón de mulleres, de todas as idades e condicións, e só no estado español, son víctimas dos golpes e dos insultos, do control e do medo. Queremos lembralas e traballar para que non haxa NEN UNHA MÁIS. Sigue lendo

O Día Internacional contra a Violencia de Xénero non pode pasar desapercibido

Desde a Federación de Anpas da Costa da Morte facemos un chamamento a toda a comunidade escolar para que o Día Internacional contra a Violencia de Xénero non pase desapercibido nestes tempos de crises múltiples e convidamos a participar nas diversas actividades que, desde distintas organizacións da Costa da Morte  instan a reflexionar sobre unha das lacras máis execrables da nosa sociedade. Sigue lendo

A Cultura Galega tamén exixe a retirada da LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregou este martes 18 de novembro no rexistro xeral da Xunta, en Santiago de Compostela, 482 sinaturas de persoas ligadas á cultura galega que, a través da adhesión ao manifesto Cultura galega contra a LOMCE, veñen de sumarse ao clamor popular que exixe a súa retirada.

Ademáis das persoas ligadas á Cultura Galega, estaban @s representantes das doce organizacións que integramos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, entre el@s Fernando Lacaci de Anpas Compostela e Susana Torres Lista das Anpas da Costa da Morte. Sigue lendo

Asemblea da Xunta Directiva da Federación de Anpas da Costa da Morte

 

DIA: 21 de Novembro (Xoves)

HORA: 20:00h

Convocada a Asemblea da Xunta Directiva da Federación de Anpas da Costa da Morte coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación se procede da acta anterior.

2. Reunión con Conselleiro de Educación.

3. Recurso contra o Decreto de Comedores

4. Reunión de Federacións e Anpas Galegas en Lugo.

5. Novas incorporacións.

6. Vindeiras actividades a desenvolver.

7. Rolda intervencións, rogos e preguntas.