Que volve o Samaín!

A festa do Samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os nosos antepasados celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados fretando pólas de capudre e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.  

Alertamos ás veciñas e veciños da Costa da Morte que, chegando dentro duns días o Samaín organizado pola diversos centros de ensino públicos e asociacións (no que preparamos cabazas, imitando aos nosos antepasados que poñían as caveiras iluminadas dos seus inimigos sobre os muros dos castros para alonxar ás ánimas defuntas e errantes que no tempo do samaín voltaban do outro mundo) moitos dos visitantes tan especiais que recibiremos nesa noite, xunto cos vivos que queiran compartir a noite con eles, quedarán polas nosa localidades tentando facer unha vida normal para confundirse, como estudantes dos centros escolares das nosas comarcas, entre a poboación.

Estade atent@s!!!

Que é o Samaín?

http://www.fedanpas.org/wp-content/uploads/2013/10/Que-é-o-Samaín.pdf

 

Primeiro encontro de Federacións de ANPAs e Anpas Galegas.

 A FAPACEL (a máis grande das federacións de Anpas Galegas) organiza o primeiro encontro de ANPAs na cidade de Lugo, o vindeiro 9 de novembro, co fin de intercambiar impresións e coñecernos as Anpas Galegas.

Este convite, que recibimos na Federación de  ANPAs da Costa da Morte, servirá para convidar ás anpas da nosa comarca a ese encontro pois, como sinalan desde FAPACEL, cantas mais experiencias diversas se poidan encontrar, máis reforzadas sairemos todas as anpas.

Este tipo de reunións, tan necesarias, é a primeira vez que se realiza na historia das anpas a nivel galego. Un primeiro paso para a unión das Anpas Galegas.

.

Ligazón ao programa: http://www.fedanpas.org/wp-content/uploads/2013/10/programa-anpas-encontroIMP.pdf

 

A Costa da Morte contra a LOMCE

Imaxes das concentracións contra a LOMCE na Costa da Morte

A federación de ANPAs da Costa da Morte, integrada na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, quere expresar a súa satisfacción polo desenvolvemento das mobilizacións contra a LOMCE e os recortes no ensino público na Costa da Morte. Hoxe confluíron na folga do ensino o paro convocado polas organizacións estudiantís, profesorado  e  a solidariedade das nais e pais. Unha folga que afecta a todos os niveis educativos e nos que o paro foi secundado masivamente pola comunidade educativa.

Unha vez máis (esta é a segunda vez que o ensino esixe de maneira rotunda e unánime a retirada da contrarreforma educativa) a participación das familias, profesorado e alumnado, nunha mañá de dioivo que empapou os nosos corpos, baleirou as aulas nos centros de ensino público na Costa da Morte contra a LOMCE. Esa lei que está ao servizo da exclusión social e da desigualdade. Sigue lendo

Manifesto da Cultura Galega contra a LOMCE

Persoas ligadas á cultura galega, asinan pola retirada da LOMCE

Asina contra a LOMCE se pertences ao ámbito cultural ou a algunha asociación que desenvolva a súa labor nese ámbito

O sistema educativo que impón a LOMCE é un sistema afastado do noso país, da nosa cultura, da nosa historia e da nosa lingua, é dicir, de todo aquilo que nos conforma como pobo. Un sistema que pretende formar persoas desarraigadas que non se recoñezan no contexto que as rodea, converténdoas en analfabetas na cultura e mesmo na lingua que este país creou ao longo dos séculos.    

Un sistema educativo público debe estar ao servizo das necesidades do país ao que pertence e debe estar vehiculizado  na lingua propia para  formar na súa cultura e para a súa cultura. A LOMCE pretende alienar e uniformar o alumnado galego cun traxe españolizador que lle impida recoñecerse como galego e coñecer a obra dos seu propio pobo e das e dos que singularmente destacan nel como creadores excepcionais. Sigue lendo

Participa na folga e manifestacións contra a LOMCE 24 de outubro ás 11:30 h.