O novo decreto de comedores da Xunta trae problemas para as familias. A necesidade de presentar recurso

 

A federación de ANPAs da Costa da Morte está comprobando que o novo decreto de comedores complícalle os trámites administrativos ás familias e incrementa o traballo burocrático nos centros de ensino, o que está creando moitos problemas, tanto ás familias como ás direccións nos centros. Sigue lendo

Contra a LOMCE houbo que mollarse

Santiago de Compostela  recibiunos cun sábado de dioivo á Marcha contra a LOMCE. Esta marcha foi convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (na que a Federación de ANPAS da Costa da Morte está integrada). A manifestación tivo como reivindicación fundamental a esixencia de que o Goberno central retire a LOMCE. Sigue lendo

Resolución do plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos

 

Foi publicada a ORDE do 2 de setembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2013/14.

Un sistema que obriga a competir aos centros entre sí para recibir as axudas, cando todas as bibliotecas dos centros de Ensino Público deben recibir os suficientes fondos para a súa dotación.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130918/AnuncioG0164-120913-0003_gl.html

 

Imos que hai que ir! Contra a LOMCE e a favor do Ensino Público Galego nin un paso atrás!

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, na que está integrada a Federación de ANPAs da Costa da Morte, convoca unha marcha para o día 28 de setembro, que sairá ás 10:30 horas de catro puntos distintos: Rúa de Viaduto da Rocha, Rúa de Boisaca, Monte do Gozo e Lamas de Abade e rematará na Praza de Praterías, ás 12:00 h., en Santiago. Na dita praza, de 12:00 a 13:00 horas realizaríase unha concentración para pechar o acto.

As ANPAs e colectivos en defensa do Ensino Público da Costa da Morte chegaremos en bus á rúa Boisaca (despois do polígono do Tambre).  Alí hai que estar  ás 10:30 da mañá, onde nos xuntaremos cos manifestantes da Coruña e Ferrol para comezar a camiñada (aproximadamente 3 kms.) cara a praza de Praterías. Sigue lendo

As mobilizacións realizadas ao longo deste ano 2.013 desembocan na marcha contra a LOMCE.

As diversas mobilizacións contra os recortes no Ensino Público realizadas pola Plataforma Galega en defensa do Ensino Público  desembocan  na marcha contra a LOMCE do vindeiro 28 de setembro.

O 28 de setembro, coincidindo co debate parlamentario da LOMCE, levarase a cabo unha Marcha a Compostela dende diferentes localidades e comarcas do País, percorrendo a pé os últimos quilómetros dende as catro estradas máis importantes de acceso a Compostela (Ourense, Lugo, Pontevedra, A Coruña).

A Plataforma e os colectivos que a integramos ofrecemos autobuses desde as diferentes comarcas. Os autobuses chegarán a Santiago á Ponte da Rocha, inmediacións do CEIP Lamas de Abade, Polígono do Tambre e Monte do Gozo.

Desde estes lugares, desde os que sairán a pé, ás 10:30 horas, as e os participantes dirixiranse á Praza de Praterías, na que se fará,  ás 12.00 horas, un acto reivindicativo de remate de acto contra a LOMCE.

A LOMCE, que pretende aprobar o goberno do PP, incrementará as dificultades para que o alumnado das familias con menos recursos podan estudar. Xa no inicio deste curso escolar 2013-2014, o incremento do gasto escolar  vaille dificultar o acceso á educación dos seus fillos a moitas familias, debido á aprobación de  medidas como a limitación da gratuidade nos libros de texto, o novo decreto de comedores, a suba das taxas na universidade, a redución das bolsas ou a suba das matrículas nos conservatorios.

Pero esta Marcha contra a LOMCE ven precedida de mobilizacións previas dos colectivos que integramos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público: Sigue lendo