Oferta de 300 mil euros para a contratación privada de cursos de Inglés nos centros de ensino en horario lectivo

 

A Federación de ANPAS da Costa da Morte, do mesmo xeito que outras federacións de anpas galegas e o sindicato maioritario de Ensino (CIG), rexeita e pon de manifesto o seu malestar polo malgaste de cartos que a Consellería de Educación segue a facer cos cartos públicos. Sigue lendo

Camiñamos coa Plataforma pola Defensa da Montaña e do Rural en defensa dun Ensino Público Galego de calidade: penúltimo tramo

 

Participamos, este sábado 24 de agosto, facendo o penúltimo tramo do camiño de Santiago (percorrido de Hospital –Dumbría a Corcubión) á inversa en defensa do Ensino Público coa Plataforma pola Defensa da Montaña e do Rural (imaxes).

 Comezouse este camiño o sábado 13 de xullo na Praza do Obradoiro ás 10 da mañá, onde se leu un pequeno manifesto e os motivos desta forma de protesta, das súas reivindicacións e inquedanzas. Cada fin de semana faise unha etapa do camiño entre Compostela e Fisterra para chamar a atención das administracións, xusto no comezo das clases. Sigue lendo

Mudanzas nos criterios de asignación das bolsas de axuda ao estudo.

comunicado

Podes descargar a resolución aquí: http://www.fedanpas.org/wp-content/uploads/2013/08/bolsas-etudos-2013_2014.pdf

 Sae publicado no xornal Sermos Galiza que o  ministerio computará a vivenda d@ familiar máis próxim@ ao centro de estudos aínda “que non coincida co domicilio legal do solicitante”. Nel recolle a resolución de convocatoria das bolsas de axuda ao estudo para o curso 2013-2014.

A norma atinxe ás ensinanzas superiores, non obrigatorias, universitarias ou non –agás doutoramento estudos de especialización e títulos propios de universidades. Inclúense pois as Formacións Profesionais de grao medio ou superior e as Escolas oficiais. Sigue lendo

Reclamamos a retirada da LOMCE na Comisión de Educación no Congreso dos Deputados

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

Agora que falta menos dun mes para o comezo do curso escolar, debemos lembrar que o pasado 15 de xullo, iniciouse na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados (Madrid) o debate en pleno da LOMCE.

Anxo Louzao, que compareceu representando a postura  dos colectivos galegos que  rexeitamos a LOMCE, foi felicitado pola claridade da exposición e por ter tratado os puntos esenciais que explican a nosa oposición á lei Wert. Rematada a exposición, recibiu máis de 40 preguntas dos representantes dos 5 grupos parlamentarios presentes. Sigue lendo

A Consellaría incumpre a lei: segue a recortar na pública para darlle cartos á privada que segrega ao alumnado por sexo.

A Consellaría de Educación practica “un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino público, suprimindo centros, unidades e profesorado, mais mantén os concertos aos centros privados, entre eles aos 5 centros que segregan o alumnado por sexo, o que foi declarado ilegal polo Tribunal Supremo”. Dese xeito, denuncia a CIG Ensino que o PP favorece determinados centros, algúns vinculados co Opus Dei.

Que a Consellaría publique a orde nas vacacións escolares (na metade de agosto e no inicio da ponte máis inactiva do ano) responde, segundo a CIG (o sindicato maioritario no Ensino Público Galego), á clara intención de que pase desapercibida pola sociedade.

A Lei Orgánica de Educación de 2006 establece que os criterios de admisión dos centros non poden ter elementos discriminatorios, entre os que se cita expresamente a cuestión de xénero, como lembra a prensa.