Ensino Público versus Ensino Privado

Varios medios de comunicación fixeron público estes días a cualificación  obtida nos exames para concorrer aos  Premios Extraordinarios de Bacharelato do ano 2.013. A este premio presentáronse 800 alumnos de centros públicos e privados de toda Galiza.  Para poder participar nestas probas, o alumnado debe obter unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos (media de sobresaliente).

O resultado amosa uns datos ben interesantes no listado provisional (publicado na web da Xunta de Galiza): Sigue lendo

Alumnado de recoñecida excelencia rexeita a LOMCE nun acto da USC

 

 Alumnado, á que a USC lle recoñece a excelencia e aproveitamento sobresaínte nos estudos de bacharelato e nas probas de acceso á Universidade, levou posta as camisetas da campaña en contra da LOMCE (da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público) ao acto celebrado no auditorio de Galiza de Santiago de Compostela.  Un xeito de rexeitar unha lei que liquida a igualdade de oportunidades, ao impor un sistema de continuas barreiras selectivas para que só unha minoría do alumnado acceda á consecución da titulación. Unha lei elitista, antigalega, recentralizadora, clasista e segregadora, xa que estabelece reválidas para poder acceder á titulación correspondente en ESO e en Bacharelato. Impón un sistema máis selectivo  mediante itinerarios que  condenan, prematuramente, o alumnado a optar a titulacións diferentes no ensino obrigatorio, condicionando de maneira temperá  o seu futuro académico e laboral. Sigue lendo