26 de xuño: celebración en Vimianzo da asemblea de ANPAs da Costa da Morte

O pasado mércores 26 de xuño, celebramos Asemblea da Federación de Anpas da Costa da Morte en Vimianzo coa seguinte orde do día: Sigue lendo

A LOMCE a debate en Cabana de Bergantiños

As anpas da Costa da Morte somos conscientes que, aínda que está a rematar o curso escolar, temos que seguir informando á comunidade educativa (á parte á que aínda non chegamos) sobre a LOMCE. Por iso continuamos coas charlas ” A LOMCE a debate“.

A tal efecto, o venres 21 de xuño realizamos unha máis no CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, organizada pola anpa A Riveira, o Colectivo de nais e pais de alumnos de Laxe e a federación de anpas da Costa da Morte.

Sigue lendo

Concentracións en contra da LOMCE na Costa da Morte convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

Estes actos expansivos, convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizáronse en todo o País.

Podes acceder a un listado de fotos do acto de Carballo clicando aquí.

Podes acceder a un vídeo e a un listado de  fotos do acto de Cee clicando aquí

Sigue lendo