ligazón ás imaxes das mobilizacións, charlas e debates

Galería de fotos da federación de ANPAs da Costa da Morte

Novas mobilizacións contra a LOMCE

Nunha reunión celebrada recentemente, os representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (entre os que estaba Fernando Gesto, secretario da federación de ANPAs da Costa da Morte)  aprobaron un novo calendario de mobilizacións para os meses de maio e xuño co obxectivo de frear a aprobación da LOMCE. Os  diversos colectivos e federacións de anpas integradas na Plataforma valoraron como un éxito rotundo a folga no ensino do 9 de maio e as manifestación nas vilas e cidades galegas (participaron máis de 40.000 persoas).

Tamén se valoraron de xeito moi positivo as charlas, debates e mobilizacións contra a LOMCE na Costa da Morte. Por primeira vez na historia, houbo unha coordinación e traballo colectivo entre as anpas das distintas localidades  da Costa da Morte e, tamén, con outras comarcas do País.

Esa mesma colaboración e, se é posíbel, un incremento será necesario para realizar a nova serie de mobilizacións co obxectivo de paralizar a implantación da LOMCE.

NOVO CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS Sigue lendo

a LOMCE a debate en Fisterra

As anpas somos conscientes que temos que seguir informando á comunidade educativa (á parte á que aínda non chegamos) sobre a LOMCE. Por iso, a anpa “Arco da Vella” de Sardiñeiro, coñecedora da necesidade dunha educación pública e de calidade para o alumnado do noso País, organiza unha charla sobre a LOMCE en Fisterra.

Para ter un suficiente coñecemento sobre a chamada lei Wert, asistide á conferencia que terá lugar o 29 de maio (mércores) ás 19:30h. no salón de actos do concello de Fisterra. Ao remate, poderás participar no debate ou formular as preguntas que consideres.
A anpa “Arco da Vella” e as anpas da Costa da Morte agardamos a túa asistencia.

e a LOMCE foi debatida en Vimianzo

Onte, no Auditorio da Casa da cultura de Vimianzo, a anpa San Vicenzo e a federación de anpas da Costa da Morte organizamos outro acto sobre  “a LOMCE a debate

O goberno pretende que a contrarreforma educativa, chamada LOMCE,  siga adiante e suma elementos que engaden polémica á xa existente polos perniciosos efectos da imposición das reválidas ou a eliminación do ensino en galego. Lembremos que neste proxecto de lei a materia de Relixión volverá ser computable e terá o mesmo tratamento que Matemáticas, contará para a nota media, para a obtención de becas e a efectos de repetición de curso.

As anpas da Costa da Morte somos conscientes que temos que seguir informando á comunidade educativa (á parte á que aínda non chegamos) sobre a LOMCE. Por iso continuamos coas charlas ” A LOMCE a debate“.

Ligazón ás fotos aquí.

Seica na Xunta non teñen cartos, pero volve subvencionar, con 250.000€, unha residencia relixiosa namentres pecha centros públicos.

 

O Consello da Xunta autorizou un convenio de colaboración entre a consellaría de Benestar e a entidade relixiosa “Esclavas de la Virgen Dolorosa” co obxectivo de “contribuír ao apoio do servizo que presta na atención a persoas con discapacidade intelectual” a través do Centro Residencial Asistencial Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey ubicado na localidade pontevedresa de Crecente.

Pero non era que non tiñamos cartos? Daquela porque pecha os centros públicos e despide aos seus profesionais? Se existen instalacións públicas e persoal profesional para atendelo, cal é a razón de gastar o diñeiro público, de todos os contribuíntes nunha organización privada/relixiosa que incumpre até catro normativas oficiais.?

 Desta volta foron 250.000 euros, que veñen sumarse aos 1.038.441,60 euros que entregou á mesma entidade en 2012.